DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2023/1916-1 e seis máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo para proceder á notificación dos actos administrativos de citación.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 19 de abril de 2024

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/1916-1

32543662L

Citación para o recoñecemento

21.3.2024

2023/5021-1

58001682Y

Citación para o recoñecemento

9.4.2024

2023/5086-1

32762105P

Citación para o recoñecemento

27.3.2024

2024/902-1

54941653N

Citación para o recoñecemento

21.3.2024

2022/6071-1

46645988X

Citación para o recoñecemento

9.4.2024

2023/0376-1

32264093S

Citación para o recoñecemento

19.3.2024

2022/5307-1

33835321K

Citación para o recoñecemento

22.3.2024