DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de abril de 2024, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento no tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, e se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal desta LAT, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e no artigo 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de abril de 2024, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento no tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, e se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal desta LAT, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3-AT), que se recolle como anexo I desta resolución.

Así mesmo, de conformidade co establecido no referido artigo 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, publícanse como anexo II a esta resolución as disposicións normativas da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

De acordo co exixido no artigo 32 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, facilítase a seguinte información:

• Mediante o Anuncio do 3.10.2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (publicado no DOG núm. 195, do 13 de outubro), fíxose público o informe ambiental estratéxico da citada modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, formulado pola dita dirección xeral mediante a Resolución do 25.9.2023.

• O documento técnico da citada modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, debidamente dilixenciado para facer constar a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, estará á disposición do público no seguinte enderezo da internet:

http://descargas.xunta.es/3be23c22-eb9a-46f3-9f31-c02b70e26edf1712910164246

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO I

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de abril de 2024, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, e se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal desta LAT, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3 AT)

Feitos:

1. O 25.6.2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD ou a promotora) presentou, ante a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería (en adiante, XT Ourense), a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), acompañada da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución titulado Modificado por soterramento en tramo final de LAT Irixo-Lalín 132 kV. Chegada a Lalín, asinado polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado núm. 2.221 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia -ICOIIG-) con data do 17.3.2021 e visado por este colexio con núm. 20210854 e data 22.3.2021.

• Declaración responsable do técnico proxectista, asinada o 2.6.2021, segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

• Separatas técnicas para as entidades afectadas pola infraestrutura eléctrica proxectada (co mesmo visado que o proxecto de execución): Demarcación de Estradas del Estado en Galicia, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Dozón, Concello de Lalín e R-Cable.

• Documento de declaración de utilidade pública, coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) da LAT 132 kV O Irixo-Lalín (datado en marzo de 2021), acompañado do estudo de impacto e integración paisaxística (datado en marzo 2021).

A respecto da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, promovida por UFD e autorizada baixo o núm. de expediente IN407A 2007/169-3, cabe salientar o seguinte:

• O 2.4.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (clave 2012/0192), da que se deu publicidade pola Resolución do 29.4.2013 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 99, do 27 de maio).

• O 8.5.2014, o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (DOG núm. 120, do 26 de xuño).

• O 9.5.2014, a Consellería de Economía e Industria ditou resolución pola que se autorizou administrativamente, se aprobou o proxecto de execución e se declarou a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co dereito mineiro correspondente á solicitude de permiso de investigación Rivas núm. 5098 (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

• Esta liña eléctrica ten unha lonxitude total de 21.757 m e está conformada por catro tramos: tramo 1 en aéreo de 15.764 m entre a SE Irixo e o apoio 45N, tramo 2 en subterráneo de 319 m entre os apoios 45N e 46N, tramo 3 en aéreo de 4.473 m entre os apoios 46N e 58, e tramo 4 en subterráneo entre o apoio 58 e a SE Lalín.

Segundo consta no proxecto de execución da modificación proxectada, debido a que non se conseguiron as autorizacións pertinentes para o trazado da LAT no tramo que afecta o concello de Lalín, xorde a necesidade de ampliar o tramo subterráneo final da instalación, previsto no proxecto autorizado en 2014, e modificar o trazado entre os apoios 37 e 39, de xeito que se favoreza o cruzamento sobre a estrada EP-6103. Polo tanto, prevese o soterramento do tramo final da LAT, dende o apoio 50N ata a SE Lalín, evitando a afección ao Castro de Catasós, ademais dunha variante en aéreo no apoio 38, evitando varios cruzamentos coa estrada EP-6103 e garantindo as distancias á autoestrada AP-53. Estas modificacións supoñen, respecto do proxecto autorizado en 2014, dúas variantes en aéreo, unha en cada tramo aéreo (tramos 1 e 3), e unha variante en subterráneo que afecta os dous últimos tramos (tramos 3 e 4), tal como se describe a continuación:

• Variante en aéreo en tramo 1 (concello de Dozón): novo tramo en aéreo entre os apoios 36 e 39 de 1.356 m de lonxitude, que require a implantación de 2 novos vértices, apoios 37N e 38N. Con esta modificación a lonxitude do tramo 1 aumenta en 16 m, pasando a ser de 15.780 m.

• Variante en aéreo en tramo 3 (concello de Lalín): este tramo pasa a ter unha lonxitude de 1.395 m, con inicio no apoio 46N e final no apoio 50N, incluíndo unha variante en aéreo entre os apoios 49N e 50N de 225,75 m, e require a eliminación do trazado desde o apoio 49 ata o apoio 58N (3.304,88 m).

• Variante en subterráneo en tramos 3 e 4 (concello de Lalín): esta variante iníciase no apoio 50N, discorre en canalización formigonada baixo tubaxe por terreo natural, camiño e pista asfaltada ata a SE Lalín, cunha lonxitude de 4.078 m (12 m de cable de baixada de apoio; 4.046 m de cable en canalización formigonada baixo tubaxe; 15 m de canalización en capa para cruzamentos e 5 m de cable de suba á posición en SE Lalín).

O orzamento das variantes proxectadas ascende a 2.617.120,90 €. O orzamento total da LAT 132 kV O Irixo-Lalín modifícase do seguinte xeito:

Orzamento da LAT 132 kV O Irixo-Lalín

Proxecto de execución aprobado en 2014

3.188.142,77 €

Tramos que se modificarán

(-) 1.287.382,31 €

Variantes proxectadas

(+) 2.617.120,90 €

Total.....

4.517.881,36 €

2. Posteriormente, nas datas indicadas, a promotora completou a súa solicitude inicial coa presentación da seguinte documentación técnica:

• O 22.7.2021 presentou a memoria de avaliación de impacto cultural da LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

• O 17.12.2021 presentou a solicitude de aprobación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, acompañada do documento técnico titulado Modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, asinado con data 29.11.2021.

• O 21.2.2022 presentou unha nova RBDA actualizada, en substitución da presentada coa solicitude inicial correspondente á modificación proxectada da LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

3. O 22.2.2022, a XT de Ourense ditou o seguinte acordo de información pública: «Acordo do 22.2.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de modificación da LAT O Irixo-Lalín 132 kV, que afecta aos concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovida por UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3)».

Este acordo publicouse no DOG núm. 52, do 16.3.2022 e nos xornais La Región de Ourense do 22.3.2022 e Faro de Vigo de Pontevedra do 22.3.2022, e tamén estivo exposta (con acceso á documentación técnica) nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (O Irixo, Dozón e Lalín), e da XT de Ourense e da xefatura territorial desta consellería de Pontevedra (en adiante, XT de Pontevedra), así como no portal de transparencia desta consellería. Así mesmo, a XT de Ourense realizou o preceptivo trámite de audiencia da modificación do proxecto sectorial cos concellos afectados, e practicou as notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, ás persoas que figuran como titulares de parcelas afectadas na RBDA publicada con enderezo coñecido. Polo que respecta aos titulares descoñecidos, de enderezo ignorado ou non notificados, seguiu o procedemento establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, coa correspondente notificación ao Ministerio Fiscal, e tamén o procedemento previsto nos artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, coa publicación do anuncio do 28.4.2022 no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE do 19.5.2022.

Durante o período de información pública presentáronse tres escritos de alegacións (resumidos a seguir), que se trasladaron a UFD para que presentase a súa contestación:

• Ramiro Ferradás González presentou un escrito, o 22.4.2022, coas seguintes alegacións: Facilita enderezo para notificacións; Manifesta que a parcela da súa propiedade está afectada aínda que a LAT pase por zona de dominio público no tramo soterrado da LAT na zona de Catasós, xa que a instalación estaría a escasos 15 m da súa vivenda, polo que alega en relación coa influencia dos campos electromagnéticos para as persoas que residen nela, así como das limitacións para obras de mellora e mantemento da súa propiedade, que se verían limitadas pola existencia da liña eléctrica. Tamén alega sobre a afectación derivada da clasificación do solo, que pasaría a zona de protección de infraestruturas. Solicita o trazado alternativo para a infraestrutura pola marxe dereita para salvar o núcleo de Covas. por afectar un número menor de vivendas.

• Beatriz Romero Trabazos presentou un escrito, o 26.4.2022, coas seguintes alegacións: Manifesta o seu rexeitamento ao trazado da LAT en soterrado pola zona de Covas-Catasós debido á proximidade ás casas e pola afectación e a influenciaa dos campos electromagnéticos sobre as persoas que habitan cerca; Que se deben buscar outras alternativas de menor dano; Tamén propón outra alternativa polo polígono de Catasós.

• Camilo González Bodaño presentou un escrito, o 5.5.2022, coas seguintes alegacións: alegación de tipo ambiental similar ás anteriores pola incidencia sobre a saúde das persoas pola influencia dos campos electromagnéticos; Suporía un incremento do risco de incendios, e pide que se soterre a liña de alta tensión entre os apoios 49N(49) e 50N seguindo o trazado do camiño público ou, subsidiariamente, se realice o trazado da instalación aproveitando ao máximo posible os terreos de dominio público lindeiros cos terreos afectados. Tamén que se soterre en tramos próximos a vivendas, coas medidas axeitadas para que os sinalados campos electromagnéticos non poidan afectar persoas.

Fóra do período de información pública, presentáronse dous escritos de alegacións, resumidos a seguir:

• Beatriz Romero Trabazos presentou un escrito o 30.6.2023, dirixido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en que se reitera nas alegacións feitas no seu primeiro escrito (26.4.2022), engadindo ademais que a declaración de utilidade pública non está xustificada e que os veciños non tiveron posibilidade de intervir na redacción do proxecto.

• Santiago Covela Rodríguez presentou un escrito o 30.5.2023, dirixido ao órgano ambiental, en que formula alegacións á declaración de impacto ambiental e solicita que se aumente a distancia da LAT respecto das aldeas, que se modifique o trazado pola proximidade con diversos elementos naturais (captacións de auga, lagoas con flora e fauna, restos arqueolóxicos e estruturas mineiras) ao seu paso polos montes do Irixo e A Ermida, e que o órgano ambiental responda desfavorablemente á solicitude de declaración de impacto ambiental.

4. O 23.2.2022, a XT de Ourense trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes a respecto do proxecto de execución correspondente á modificación proxectada da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, ás seguintes entidades afectadas: Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Dozón, Concello de Lalín e R-Cable. A este respecto:

• A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, que se trasladou a promotora, quen presentou a súa conformidade con eles: Unidade de Estradas do Estado en Ourense (27.4.2022), Augas de Galicia (7.7.2022), Deputación Provincial de Pontevedra (29.3.2022), Concello de Dozón (29.3.2022), Concello de Lalín (21.3.2022) e R-Cable (2.3.2022).

• O resto de entidades (Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra) non contestaron.

Así mesmo, a respecto do EIA, a XT de Ourense solicitou informe ás seguintes entidades (diferénciase entre as que emitiron informe e as que non) e trasladou os informes emitidos a UFD, quen presentou as súas contestacións aos mesmos:

• Entidades que emitiron informe: Augas de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Concello de Dozón, Concello de Lalín, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio (IET), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Sociedade Galega de Historia Natural. A Dirección Xeral de Defensa do Monte emitiu informe favorable con posterioridade á formulación da declaración de impacto ambiental.

• Entidades que non emitiron informe: Adega, Concello do Irixo, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Federación Ecoloxista Galega.

Ademais, a respecto da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, a XT de Ourense deu audiencia aos concellos afectados (O Irixo, Dozón e Lalín) e solicitou informe ás seguintes entidades: XT Ourense, IET, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Delegación do Goberno en Galicia e Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. A este respecto:

• A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, que se trasladou a promotora, quen presentou a súa conformidade con eles: XT de Ourense (1.7.2022), IET (16.3.2022), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (30.3.2022), Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual (4.4.2022), AXI (3.5.2022), Augas de Galicia (7.7.2022), Confederación Hidrográfica Miño-Sil (15.7.2022), Delegación do Goberno en Galicia (14.6.2022; tamén remite informe da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 8.4.2022) e Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (7.4.2022; remite informes dos servizos de Montes de Ourense e Pontevedra, de datas respectivas, 4.4.2022 e 23.3.2022). Polo que respecta ao informe da AXI, cómpre destacar que o seu carácter favorable queda condicionado ao desprazamento do trazado na marxe da estrada N-525 cara ao oeste, no punto de conexión entre a N-525 e a nova estrada prevista no estudo informativo da conexión da autoestrada Santiago-Ourense coas estradas N-640 e C-533 en Lalín.

• A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia emitiu resolución denegatoria, con data 5.4.2022.

• O resto de entidades (concellos do Irixo, Dozón e Lalín) non contestaron.

5. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da modificación proxectada da LAT 132 kV O Irixo-Lalín con dereitos mineiros, as seccións de Minas da XT de Ourense e da XT de Pontevedra emitiron os seguintes informes:

• Informe da Sección de Minas de Ourense, do 1.7.2022, en que se fai constar que hai un dereito mineiro afectado (permiso de investigación Rivas 5098).

• Informe da Sección de Minas de Pontevedra, do 21.7.2022, en que se fai constar que non hai dereitos mineiros afectados na provincia de Pontevedra.

6. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da modificación proxectada da LAT 132 kV O Irixo-Lalín con montes, os servizos de Montes das xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra da Consellería do Medio Rural emitiron os seguintes informes, dentro do trámite de petición de informes á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a respecto do EIA e do PIA:

• Informe do Servizo de Montes de Ourense, do 4.4.2022, en que se fai constar que, na provincia de Ourense, a liña eléctrica afecta diversos montes veciñais en man común (MVMC).

• Informe do Servizo de Montes de Pontevedra, do 23.3.2022, en que se fai constar que, na provincia de Pontevedra e segundo os datos existentes no Rexistro de MVMC de Pontevedra, a comunidade afectada pola modificación do trazado é a Comunidade de MVMC de Zudreiro, no concello de Dozón, conservando a liña eléctrica os mesmos apoios e o seu trazado na ocupación da Comunidade de MVMC de Cardoufe e Eirelo e da Comunidade de MVMC da Xesta.

7. O 23.9.2022 a XT de Ourense, unha vez rematada a instrución do expediente relativo á modificación proxectada da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, deu traslado deste á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN), para os efectos de continuar coa súa tramitación. Esta xefatura territorial incorporou ao expediente a súa proposta do 23.9.2022, en que recolle un resumo da súa tramitación e emite informe favorable sobre a petición formulada pola promotora, así como os seguintes informes/actas emitidos polos seus servizos técnicos:

• Informe da XT de Ourense sobre o proxecto de execución, do 4.7.2022, en que se indica que as instalacións modificadas non están situadas na provincia de Ourense.

• Informe da XT de Pontevedra sobre o proxecto de execución, do 6.9.2022, en que se indica que non se presentan obxeccións técnicas para continuar coa súa tramitación.

• Acta da XT de Ourense de comprobación do trazado da LAT, do 14.9.2022, en que se indica que respecto dos predios incluídos na RBDA, non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

8. O 29.9.2022, a DXPERN, de acordo co disposto no artigo 39 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, deu traslado do expediente á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (en diante, órgano ambiental), para os efectos de tramitar a declaración de impacto ambiental (DIA).

O órgano ambiental formulou, con data 14.11.2022, a DIA relativa ao proxecto de modificación da LAT O Irixo-Lalín 132 kV, nos concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovida por UFD Distribución Electricidad, S.A. (clave 2022/0141), que se fixo pública mediante o Anuncio do 15.11.2022, do órgano ambiental (DOG núm. 228, do 30 de novembro).

Tal como se recolle nesta DIA, cancelouse o expediente ambiental inicial (clave 2012/0192) e abriuse un novo expediente ambiental (clave 2022/0141). En consecuencia, a DIA deste novo expediente ambiental, que se refire á totalidade da liña eléctrica LAT 132 kV O Irixo-Lalín, substitúe a DIA do expediente ambiental inicial.

9. O 12.1.2023, a XT de Ourense trasladou á DXPERN a seguinte documentación presentada pola promotora nas datas indicadas, en resposta a un requirimento da DXPERN do 18.11.2023:

• Presentada o 22.12.2022: comunicación de novos mutuos acordos acadados cos titulares de diversas parcelas afectadas.

• Presentada o 28.12.2022: comunicación de que se acadou mutuo acordo cos titulares do MVMC de Zudreiro para a ocupación das súas parcelas afectadas, así como a RBDA definitiva coas parcelas que teñen que ir ao procedemento de expropiación.

10. O 25.11.2022, a DXPERN, en cumprimento do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, deu traslado do expediente completo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU), para os efectos de obter o seu informe preceptivo previo á aprobación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín. Nesta petición indicouse, polo que respecta á avaliación ambiental estratéxica, que a promotora solicitou no seu momento a súa tramitación na modalidade simplificada (figura o documento ambiental estratéxico como anexo do documento técnico da modificación do proxecto sectorial); non obstante, a XT de Ourense decidiu non solicitar esta tramitación ante o órgano ambiental, con base no disposto a este respecto na Resolución do 9.5.2014 desta consellería de autorización da LAT (DOG núm. 115, do 18 de xuño4), en cuxo antecedente de feito segundo recolle literalmente o seguinte: «[...] a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sustentable, en resposta a unha consulta da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sobre a necesidade ou non de someter o dito proxecto sectorial ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, conclúe que a protección do ambiente e a sustentabilidade se garanten axeitadamente a través da avaliación de impacto ambiental, e non é necesario realizar a avaliación ambiental estratéxica».

O 8.3.2023, a DXOTU emitiu informe ao respecto en que conclúe que para a emisión do informe solicitado é preciso que se leve a cabo a avaliación ambiental estratéxica, simplificada por tratarse dunha modificación non substancial, e que se modifique a documentación achegada nos aspectos subliñados nel, así como que se complete o expediente coa obtención do informe favorable en materia de estradas estatais (respecto da afección á N-525) e a aprobación pola AXI das modificacións sinaladas no seu informe favorable do 3.5.2022 (condicionado ao desprazamento do trazado na marxe da estrada N-525 cara ao oeste, no punto de conexión entre a N-525 e a nova estrada prevista no estudo informativo da conexión da autoestrada Santiago-Ourense coas estradas N-640 e C-533 en Lalín).

O 21.3.2023, a DXPERN deu traslado a promotora deste informe da DXOTU, indicándolle a necesidade de adaptar o documento técnico da modificación do proxecto sectorial ao exixido nel.

11. O 23.5.2023, a DXPERN, para cumprir o exixido no referido informe da DXOTU e así completar a tramitación do procedemento de aprobación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, solicitou ao órgano ambiental o inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada presentada pola promotora.

O 3.10.2023, o órgano ambiental remitiu á DXPERN a Resolución do 25.9.2023 pola que se formulou o informe ambiental estratéxico (IAE), xunto cos informes sectoriais obtidos no trámite de consultas previas (AXI, IET, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal), en que se conclúe non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, posto que non se prevén efectos ambientais significativos; non obstante, débense cumprir as condicións/determinacións recollidas na proposta. Este informe fíxose público mediante o Anuncio do 3.10.2023, do órgano ambiental (DOG núm. 195, do 13 de outubro).

O 5.10.2023, a DXPERN deu traslado a promotora do IAE, requiríndolle a presentación dunha nova versión do documento técnico da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal adaptada as exixencias recollidas no Informe da DXOTU (do 8.3.2023) e no IAE do órgano ambiental (Resolución do 25.9.2023) e, de ser o caso, dunha nova versión do proxecto de execución do modificado.

O 22.12.2023, a promotora presentou, en contestación ao dito requirimento da DXPERN, a versión 2 do documento técnico da modificación do proxecto sectorial, asinada con data 18.12.2023, adaptado ao exixido no informe da DXOTU e ao IAE. Así mesmo, presentou a versión 2 do proxecto de execución do modificado (visado con data 21.12.2023), en que se engadiu o cruzamento coa futura variante de Lalín, á altura do enlace coa N-525 no p.q. 285+700, mediante perforación horizontal dirixida no tramo subterráneo da liña, para cumprir co condicionado establecido pola AXI no seu informe (do 3.5.2022). A respecto deste cambio, e para os efectos de completar o expediente, a promotora presentou o 18.1.2024 a seguinte documentación: Resolución de autorización da AXI do 13.11.2023; Resolución de autorización da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do 14.12.2023; e Documento xustificativo da non necesidade de tramitación ambiental do devandito cambio.

12. O 4.1.2024, a DXPERN, para os efectos de obter o informe preceptivo da DXOTU (exixido no artigo 57.7 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro), previo á aprobación provisional pola DXPERN e posterior proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, deu traslado do expediente completo.

O 28.2.2024, a DXOTU emitiu o seu informe, que ten carácter favorable, pero condicionado a incluír no proxecto sectorial unhas pequenas correccións. O 6.3.2024, a DXPERN deu traslado a promotora deste informe da DXOTU, indicándolle a necesidade de adaptar o documento técnico da modificación do proxecto sectorial ao exixido nel. O 7.3.2024 a promotora presentou, en contestación ao dito requirimento da DXPERN, a versión 3 do documento técnico da modificación do proxecto sectorial, asinada con data 7.3.2024, na que se atenderon as correccións sinaladas no informe da DXOTU do 28.2.2024.

13. O 3.4.2024, a DXPERN, en cumprimento do exixido no artigo 57.7 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, ditou resolución pola que se aprobou provisionalmente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, recollida no documento técnico denominado Modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, asinado o 7.3.2024.

14. No expediente consta o informe emitido o 4.4.2024 polos servizos técnicos da DXPERN sobre a tramitación dos procedementos asociados ás autorizacións administrativas previa e de construción, e a declaración da utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, así como á aprobación definitiva da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da dita LAT, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

Consideracións legais e técnicas:

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto nos artigo 54.10 e 57.8 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

3. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública e de forma extemporánea, das contestacións da promotora a estas alegacións e do resto da documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

a) Polo que respecta aos alegantes, hai que indicar que só Camilo González Bodaño figura como titular de parcelas incluídas na RBDA (núm. parcelas proxecto: 950 e 951) e, en canto á valoración económica das afeccións, débese indicar que se tramitará na fase de determinación do prezo xusto, dentro do procedemento expropiatorio, para o que se tramitarán as correspondentes pezas separadas do prezo xusto, en que se determinará a indemnización que corresponda e en que os afectados poderán presentar a súa folla de valoración, na cal concretarán o valor que consideran que lles corresponde polos prexuízos que se lles ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida valorar o prezo xusto en cada caso.

b) Polo que respecta aos cambios de trazado pretendidos polos alegantes, cómpre indicar que non se poden atender con base nas seguintes argumentacións:

• Segundo o disposto na epígrafe 1.5.1 (requisitos básicos) da ITC-LAT 07, Liñas aéreas con condutores nus, do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión (Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09): «[...] as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere o autor do proxecto, no seu intento de lograr a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen [...]» .

• Segundo a acta de comprobación do trazado da LAT, emitida o 14.9.2022 polo Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial, non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso para os predios incluídos na RBDA, a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Ademais, con respecto á variante pretendida do trazado da liña entre os apoios 49N(49) e 50N, segundo a promotora, esta suporía un custo superior ao 10 % do orzamento da parte da liña afectada pola variante. A este respecto, no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, establécese que a variación do trazado dunha liña eléctrica, co obxecto de levala sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, da Comunidade Autónoma, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros dos predios de propiedade privada, non se considerará admisible cando o seu custo supere nun 10 % o orzamento da parte da liña afectada pola variante.

c) Polo que respecta ás alegacións relativas a cuestións de carácter ambiental, hai que remitirse á DIA formulada polo órgano ambiental, a que se fai referencia nos feitos e na seguinte consideración legal e técnica. Ademais, polo que respecta aos campos electromagnéticos, cabe salientar o seguinte:

• A DIA no seu punto 4.2.1.4 dispón: «Respecto aos campos electromagnéticos, aplicarase o disposto no Real decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que establece condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioeléctricas».

• O Servizo de Sanidade Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública, no seu informe do 31.10.2022 sobre o EIA, conclúe: «[...] que non se recolle información ou esta é insuficiente sobre os seguintes aspectos que poden ter repercusións sobre a saúde da poboación, e que consideramos necesario que se acheguen para a súa consideración polos organismos competentes: [...] Non se presenta un estudo do posible efecto dos campos magnéticos da liña [...]».

• A DIA no seu punto 4.1.5 dispón: «No que respecta ao informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, a promotora deberá elaborar unha proposta detallada onde se sinalen as medidas preventivas e correctoras solicitadas por este organismo no seu informe [...]».

• A promotora presentou esta proposta o 2.3.2023, en que inclúe no seu anexo II o estudo sobre campos electromagnéticos, concluíndo: «[...] que os valores de campo magnético emitidos están por debaixo dos valores límite recomendados (100 µT) para o campo magnético á frecuencia da rede de 50 Hz. Polo tanto, pódese afirmar que a liña aérea obxecto de proxecto cumpre a recomendación europea, e que o público non estará exposto a campos electromagnéticos por riba dos recomendados en sitios onde poida permanecer moito tempo».

• O Servizo de Sanidade Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública emitiu informe sobre esta proposta, con data 24.3.2023, concluíndo que se consideran satisfeitos os requirimentos feitos no informe previo.

d) Polo que respecta ás alegacións relativas á nova cualificación do solo derivada da aprobación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT, hai que indicar que a DXOTU, con respecto á modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, emitiu o informe previsto no artigo 57.7 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de carácter favorable, facendo constar nel que o documento propón a modificación do planeamento vixente engadindo, na área ocupada polas instalacións, o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas, que se aplicará, de xeito complementario ao resto de clases de solo rústico que concorren no ámbito, de acordo co disposto nos artigo 34.4 da Lei do solo de Galicia e 49.4 do seu regulamento.

e) Polo que respecta ás alegacións relativas á non procedencia da declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, hai que indicar que está recollida no artigo 54.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, en que se establece o seguinte: «Decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte, distribución de enerxía eléctrica [...] para os efectos de expropiación forzosa de bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso».

4. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, formulada polo órgano ambiental o 14.11.2022 (a que se fai referencia nos feitos):

a) O órgano ambiental resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación da liña de alta tensión O Irixo-Lalín 132 kV, nos concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovida por UFD Distribución Electricidad, S.A., concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta quen no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) Nas epígrafes 4 e 5 desta DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no EIA e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas de leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

Tal e como se recolle nos feitos, con posterioridade á formulación da DIA e para os efectos de cumprir co condicionado emitido pola AXI, a promotora introduciu un cambio no proxecto de execución, presentando unha nova versión deste e xuntando un documento xustificativo da non necesidade de avaliación de impacto ambiental do dito cambio, de conformidade co establecido para o efecto no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

5. A respecto da concorrencia de utilidades públicas entre a modificación proxectada para a LAT 132 kV O Irixo-Lalín e o dereito mineiro recollido no informe da Sección de Minas de Ourense do 1.7.2022 (permiso de investigación Rivas 5098), hai que sinalar que non se produce tal concorrencia porque o citado dereito mineiro está situado na provincia de Ourense (concello do Irixo), mentres que a modificación proxectada para a LAT se sitúa na provincia de Pontevedra (concellos de Dozón e Lalín).

6. A respecto da concorrencia de utilidades públicas entre a modificación proxectada para a LAT 132 kV O Irixo-Lalín e os MVMC recollidos nos informes emitidos polos servizos de Montes de Ourense (con data 4.4.2022) e de Pontevedra (con data 23.3.2022), cabe indicar o seguinte:

• Na provincia de Ourense, como a modificación proxectada só afecta a parte da LAT situada na provincia de Pontevedra (concellos de Dozón e Lalín), non se produce concorrencia de utilidades públicas cos MVMC situados na provincia de Ourense.

• Na provincia de Pontevedra prodúcese concorrencia de utilidades públicas co MVMC de Zudreiro; non obstante, a promotora presentou, o 28.12.2022, a comunicación de que acadou mutuo acordo cos seus titulares para a ocupación das súas parcelas afectadas, que foron eliminadas da RBDA por non ser necesaria a súa expropiación. En consecuencia, non é necesario realizar a tramitación prevista no artigo 53 (concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC) da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, tal e como se desprende do recollido no informe do Servizo de Montes de Pontevedra: «A modificación descrita no proxecto consiste nun cambio de trazado da liña no tramo entre os apoios 38N e 39N, sendo o primeiro apoio de nova construción e o segundo, en terreos da CMVMC de Zudreiro, un apoio que modificar (cambio de tipo de apoio). Isto condiciona a que se realice ante o Servizo de Montes un novo expediente de ocupación sobre os terreos desa comunidade ou, no caso de non chegar a acordo, que se inicie un expediente expropiatorio ante a Consellería de Economía, Empresa e Innovación (segundo o artigo 53 da Lei 9/2021, de simplificación administrativa)».

De conformidade con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica titulado Modificado por soterramento en tramo final de LAT Irixo-Lalín 132 kV. Chegada a Lalín, asinado polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado núm. 2.221 do ICOIIG) con data do 20.12.2023 e visado por este colexio con núm. 20234019 e data 21.12.2023.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Aprobar definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, recollida no documento técnico así denominado e asinado o 7.3.2024.

5. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27.3.2008, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, os planeamentos dos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra) quedan vinculados ás determinacións contidas na modificación do proxecto sectorial que se aproba.

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. En cumprimento do disposto na DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e de conformidade co disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase a contía da fianza en 29.255 €, dos cales 12.538 € corresponden á fase de obras e 16.717 € á fase de desmantelamento e abandono das instalacións, que deberá constituír a promotora para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración.

A promotora, con carácter previo ao inicio das obras, deberá depositar a fianza correspondente á fase de obras na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 455/1997, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza correspondente á fase de desmantelamento e abandono.

2. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Modificado por soterramento en tramo final da LAT O Irixo-Lalín 132 kV. Chegada a Lalín, asinado polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado núm. 2.221 do ICOIIG) con data do 20.12.2023 e visado por este colexio con núm. 20234019 e data 21.12.2023.

3. A promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

4. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

5. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica (formulada o 14.11.2022 polo órgano ambiental; DOG núm. 228, do 30.11.2022), así como as establecidas no correspondente Plan de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

7. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

8. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia a promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

9. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

10. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

11. Como anexo a este acordo recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio, presentada pola promotora con data 28.12.2022.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín

Núm. de parcela proxecto

Propietario/a

Datos catastrais

Cultivo

Afección solo

Afección voo

Pol.

Parc.

Lugar

Ref. catastral

Núm. apoio

Superficie (m2)

Subterráneo (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Concello de Dozón

601

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

2526

A Costa

36016A35402526

Monte

-

-

35

1.129

601

603

Áurea Crespo Cibeira

354

2528

A Costa

36016A35402528

Monte

-

-

38

1.209

603

604

Áurea Crespo Cibeira

354

956

Val do Silva

36016A35400956

Monte

-

-

76

2.649

604

606

Áurea Crespo Cibeira

354

954

Val do Silva

36016A35400954

Monte

-

-

-

48

606

607

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

951

Val do Silva

36016A35400951

Monte

-

-

89

2.273

607

608

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

941

Val do Silva

36016A35400941

Monte

-

-

-

113

608

609

Asociación Veciñal de Santo Domingo-Dozón

354

2367

Val Pallar

36016A35402367

Monte

37N

35

142

4.482

609

610

María Elicia Rojel García
José Fernández Rojel

354

2366

Val Pallar

36016A35402366

Monte

-

-

-

67

610

612

María Remedios Varela Vence
Representante: María Luisa González Varela

354

2378

Fraga

36016A35402378

Monte

-

-

113

3.525

612

615

María Remedios Varela Vence
Representante: María Luisa González Varela

53

61

Fraga Dentro

36016A05300061

Monte

-

-

127

4.036

615

923

María Remedios Varela Vence
Representante: María Luisa González Varela

354

2375

Fraga

36016A35402375

Monte

-

163

923

928

Hros. de María López Fernández

53

29

Prado do Lavadoiro

36016A05300029

Monte

28

354

928

930

Hros. de María López Fernández

53

31

Campo do Muíño

36016A05300031

Monte

-

22

930

934

Hros. de Otilia López Ferreiro

53

275

Ameneiros

36016A05300275

Monte

23

574

934

Concello de Lalín

945

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

95

146

Muro Novo

36024A09500146

Monte

-

-

-

37

924

948

Elías Touceiro Carrera (83 %)
María Nélida Iglesias López (17 %)

95

534

Os Casares

36024A09500534

Monte

-

-

-

-

49

949

Elías Touceiro Carrera (83 %)
María Nélida Iglesias López (17 %)

95

245

Os Casares

36024A09500245

Monte

-

-

-

-

7

950

Camilo González Bolaño

95

145

Muro Novo

36024A09500145

Monte

-

-

-

36

1.048

951

Camilo González Bolaño

95

533

Os Casares

36024A09500533

Monte

-

-

-

-

44

952

Tito Orlando Reboredo Reboredo

95

532

Os Casares

36024A09500532

Monte

-

-

-

-

35

953

José Iglesias Fernández (20 %)
Pilar Iglesias Fernández (20 %)
Carmen Iglesias Fernández (20 %)
José Iglesias Fernández (20 %)
Manuel Andrés Iglesias Fernández (20 %)

95

531

Os Casares

36024A09500531

Monte

-

-

-

-

17

955

José Iglesias Fernández (20 %)
Pilar Iglesias Fernández (20 %)
Carmen Iglesias Fernández (20 %)
José Iglesias Fernández (20 %)
Manuel Andrés Iglesias Fernández (20 %)

95

142

Zarra dos Casares

36024A09500142

Monte

50N

250

47

10

236

956

María Sara Vázquez Surribas

95

235

Os Casares

36024A09500235

Monte

-

-

-

-

19

958

María Paz Vázquez Surribas (12,50 %)
José Vázquez Surribas (12,50 %)
María Sara Vázquez Surribas (12,50 %)
María del Carmen Vázquez Surribas (12,50 %)
Jesús Vázquez Surribas (12,50 %)
Hros. de Felisindo Vázquez Surribas (12,50 %)
Luis Vázquez Surribas (12,50 %)
Celia Vázquez Surribas (12,50 %)

95

237

Os Casares

36024A09500237

Monte

-

-

-

-

2

ANEXO II

Disposicións normativas da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín

A seguir descríbense as condicións de uso que deberán rexer nos terreos onde se desenvolverá a construción da LAT 132 kV O Irixo-Lalín e que deberán ser trasladadas ao plan urbanístico municipal dos concellos afectados, na primeira modificación que se realice.

1. Ámbito.

O ámbito sobre cuxa ordenación se require actuar corresponde á zona de servidume da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, co obxecto de asegurar a compatibilidade co uso a que quedará adscrita.

A zona de servidume do tramo aéreo corresponde ao voo sobre o predio servente, así como o establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentación dos cables condutores de enerxía eléctrica e instalación de postas á terra dos devanditos postes, torres ou apoios fixos, para os tramos con paso aéreo, segundo a súa definición, de acordo co artigo 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, pola superficie necesaria para o cumprimento das distancias de plantación da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de prevención de incendios relativa a franxas de xestión da biomasa, de acordo coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

A zona de servidume do tramo subterráneo corresponde á ocupación do subsolo polos cables condutores a profundidade e coas demais características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable, os dispositivos necesarios para o apoio ou fixación dos condutores, así como a zona de paso ou acceso para atender ao establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica, segundo a súa definición no artigo 159 do citado Real decreto 1955/2000, cunha sección mínima de 3 m.

Exclúese do devandito ámbito a superficie actualmente clasificada como solo urbano consolidado e solo de núcleo rural, dentro do termo municipal de Lalín, así como as limitacións establecidas no artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

2. Clasificación.

En canto á clasificación referida ao ámbito do proxecto que require ser reclasificado de acordo co novo uso proxectado, será aquela baixo a cal se ampara o citado uso dentro da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e as súas modificacións.

De acordo co artigo 34.2 e), a tipoloxía urbanística adecuada segundo este marco legal para o proxecto da LAT 132 kV O Irixo-Lalín corresponde a:

Solo rústico de especial protección de infraestruturas: solo rústico de protección de infraestruturas, constituído polos terreos rústicos destinados a instalación de infraestruturas e as súas zonas de afección, tales como as comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as derivadas da política enerxética ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme a previsión dos instrumentos de plan urbanístico e de ordenación do territorio».

Esta clasificación como solo rústico de especial protección de infraestruturas aplicarase complementariamente ao resto de clases de solo rústico que concorran no ámbito, de acordo cos artigos 34.4 da Lei 2/2016 e 49.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

3. Regulamentación detallada das condicións de deseño, uso e de adaptación ao medio.

Regulación dos usos.

Como uso permitido establécese o da instalación de infraestruturas de transporte ou transformación eléctrica, así como os permitidos con anterioridade (agrícola, forestal ou gandeiro), sempre que se respecten os límites de servidume eléctrica marcados pola lexislación sectorial, cando apliquen.

As concesións de licenzas de actividade ou de concesión de usos rexeranse pola normativa sectorial e municipal correspondente.

Condicións de deseño e adaptación ao medio.

Axustaranse ás determinadas nos proxectos técnicos e addendas que definen as infraestruturas, no estudo de impacto ambiental, no estudo de impacto e integración paisaxística e na declaración de impacto ambiental.

4. Xustificación das normas de aplicación directa.

Neste punto indicase o grao de cumprimento do proxecto coas normas de aplicación directa recollidas na Lei 2/2016, do solo de Galicia, nos artigos 91. Adaptación ao ambiente e protección da paisaxe e 92. Protección das vías de circulación:

Artigo 91. Adaptación ao ambiente e protección da paisaxe

As construcións e instalacións deberanse adaptar ao ambiente en que estean situadas e, para ese efecto:

a) As construcións en lugares inmediatos a un edificio ou un conxunto de edificios de carácter histórico ou tradicional deberán harmonizar con el.

b) Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características históricas ou tradicionais e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e peches, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contemplar as belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia deste ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto.

c) A tipoloxía das construcións e os materiais e cores empregados deberán favorecer a integración na contorna inmediata e na paisaxe.

d) As construcións deberán presentar todos os seus paramentos exteriores e cubertas totalmente terminados.

e) Queda prohibida a publicidade estática que polas súas dimensións, situación ou colorido non cumpra as anteriores prescricións.

f) Nas zonas de fluxo preferente e nas áreas ameazadas por graves riscos naturais ou tecnolóxicos como explosión, incendio, contaminación, afundimento ou outros análogos só se permitirán as construcións e usos admitidos polas lexislacións sectoriais correspondentes.

En calquera caso, non se executarán construcións en lugares inmediatos a un edificio ou un conxunto de edificios de carácter histórico ou tradicional. Aínda que a liña transcorre por un núcleo rural, faino en subterráneo, de modo que non se afecta o dito conxunto; no resto do trazado mantense a unha distancia considerable.

As instalacións previstas non limitarán significativamente o campo visual e non se executarán construcións que prexudiquen a contorna da paisaxe.

Tampouco se instalarán carteis publicitarios nin existen zonas de fluxo preferente nin nas áreas ameazadas por graves riscos naturais ou tecnolóxicos.

Artigo 92. Protección das vías de circulación

1. As construcións e peches que se constrúan con obra de fábrica, vexetación ornamental ou outros elementos permanentes en zonas non consolidadas pola edificación terán que desprazarse un mínimo de 4 metros do eixe da vía pública a que dean fronte, salvo que o instrumento de ordenación urbanística estableza unha distancia superior.

Unicamente se exclúe desta obrigación a colocación de mouteiras e peches de postes e arame destinados a delimitar a propiedade rústica, así como o establecido no artigo 26.1.e).

2. En todo caso, deberase cumprir o disposto pola lexislación sectorial de aplicación.

Xustificación do cumprimento: non se prevé a realización de peches de ningunha clase.