DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de regulamentación LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT FRI808 entre apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, no concello da Cañiza, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 29 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/62-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5.

Concello: A Cañiza.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

4

36009B516015420000FU

Ana Gabriela Sagaste Reinaldo

2024/54/190