DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN661A 2010/5-4).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN661A 2010/5-4

RAI-DXEM-41.213/24

45848704K

Acordo de denegación da solicitude de suspensión