DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29236

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 7 de maio de 2024 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2024/05, REF.PER.-2024/06 e REF.PER.-2024/07, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 7 de maio de 2024

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne