DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29235

VI. Anuncios

b) Administración local

Entidade Local Menor de Morgadáns

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do escudo heráldico e da bandeira da Entidade Local Menor de Morgadáns.

A Xunta veciñal desta entidade, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de xuño de 2021, aprobou inicialmente o expediente para a adopción do escudo heráldico e da bandeira proposta pola Comisión Heráldica para a Entidade Local Menor de Morgadáns.

En cumprimento do disposto no Regulamento de símbolos das entidade locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, nos artigos 258 a 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e nos artigos 22.2.b) e 47.2.e) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, sométese o expediente a información pública mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos deste entidade, durante o prazo dun mes, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Se, transcorrido o dito prazo, non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o dito acordo.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Morgadáns, 9 de abril de 2024

Alfonso Misa Rodríguez
Presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns