DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 29973

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.

A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 19 de abril de 2024, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-24 (Diario Oficial de Galicia núm. 83, do 26 de abril), establece no seu artigo 13 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 19 de abril de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-24 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar a data, o horario, os lugares de realización da proba e condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba terá lugar o día 19 de xuño de 2024 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.

– Das 10.00 ás 12.00 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.30 ás 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares en que se realizará a proba.

Os lugares en que se realizará a proba publicaranse no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu).

As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se encontre o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

Para a realización da proba, as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.15 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

Faustino Martín González, inspector de Educación.

Luis Jar Pereira, inspector de Educación.

Marina Couñago Enríquez, inspectora de Educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.

Suplentes:

Presidenta: Inmaculada Mª Fernández Teijeiro, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Vogais:

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Belén Pérez Aldariz, inspectora de Educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.

Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.

Román Latas Calvo, inspector de Educación.