DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CAZ-LU-0040/2023-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na ronda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 10 de maio de 2024

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

CAZ-LU-0040/2023-V

33824524B

Proposta de resolución

Polo instrutor

ANI-LU-0004/2024-V

79238726T

Acordo de inicio

Polo director territorial

ANI-LU-0021/2024-V

33557824L

Acordo de inicio

Polo director territorial