De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 8 de maio de 2024, do proxecto do parque eólico Patiñeiro, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Naturgy Renovables, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en San Lázaro, s/n (Satiago de Compostela)
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
