A asociación titular do centro de educación especial privado Juan María, en Nigrán, solicita a modificación da autorización por ampliación dunha unidade de educación especial.
Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro de educación especial privado Juan María, en Nigrán, e autorizar a ampliación dunha unidade de educación especial. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro de educación especial privado (CEEPR).
Denominación específica: Juan María.
Código do centro: 36018847.
Domicilio: r/ As Agullas, 12.
Código postal: 36379.
Localidade: Parada.
Concello: Nigrán.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Asociación La Esperanza del Valle Miñor.
Composición resultante:
• 8 unidades de educación especial.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional