DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31262

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Ourense.

A fundación titular do centro privado (CPR) plurilingüe Santa Teresa de Jesús, en Ourense, solicita a modificación da autorización por ampliación dunha unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR plurilingüe Santa Teresa de Jesús, en Ourense, e autorizar a ampliación dunha unidade de educación especial. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Santa Teresa de Jesús.

Código do centro: 32008513.

Domicilio: Peña Trevinca, 2.

Código postal: 32005.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Fundación Vedruna Educación.

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades do segundo ciclo.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Bacharelato: 8 unidades, das modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais, Artes.

Educación especial: 2 unidades.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional