BDNS (Identif.): 762580.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.
Segundo. Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior (procedemento PR804B).
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos doce (12) meses, que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 8 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR804B).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de 90.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.490.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2024.
O importe máximo que se poderá financiar será dun 95 % do orzamento total do proxecto e a subvención concedida non superará en ningún caso os 30.000,00 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes