BDNS (Identif.): 761696.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
As asociacións de comerciantes de carácter territorial sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Segundo. Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Destínase un crédito de 2.250.000,00 euros, financiado con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.06.751A.481.01, por un importe de 1.000.000,00 de euros, e 44.06.751A.781.1, por un importe de 1.250.000,00 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración