En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2024
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Ponteareas para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
8.2.2024 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de actividades de formación en materia de administración electrónica e de seguridade e protección de datos no ano 2024 |
12.2.2024 |
126.949,00 € |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de actividades de formación do Marco galego de competencias dixitais Comdix, no ámbito do persoal empregado público no ano 2024 |
12.2.2024 |
38.220,00 € |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública para desenvolver medidas de formación en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo aos fondos finalistas do Estado para a loita contra a violencia de xénero |
31.3.2024 |
Sen achega económica |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
18.4.2024 |
Sen achega económica |