O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024
Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2023
Convenio |
Data da sinatura |
Achega económica da Axencia |
Convenio entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPOF), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) polo que se lle conceden subvencións autonómicas ao Inorde, para a participación activa do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós no desenvolvemento dun Programa específico de identificación, restauración e promoción da xestión forestal activa e sustentable, durante os anos 2023 e 2024. |
10.7.2023 |
40.000,00 € |
Addenda de modificación do convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para o estudo, desenvolvemento e demostración de elementos de madeira para a mitigación acústica. |
17.10.2023 |
65.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia. |
25.10.2023 |
120.000,00 € |
Addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia. |
15.12.2023 |
Sen achega |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da VII edición da Feira Bienal Galiforest. |
20.12.2023 |
103.000,00 € |