O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024
Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2024
Convenio |
Data da sinatura |
Achega económica da Axencia |
Segunda addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e a Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia para a elaboración do Plan estratéxico da industria forestal-madeira de Galicia. |
11.3.2024 |
218.000,00 € |