BDNS (Identif.): 768771.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Tipoloxías
1. As bolsas poden ser de nova adxudicación para o alumnado que se matricule por primeira vez nunha titulación do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) ou de renovación para aqueles que obtiveran bolsa nos cursos anteriores e desexen continuar estudos no CSHG.
2. Tamén poderán optar a bolsa alumnas/os que cursen estudos no CSHG no curso 2024/25 que non recibiran bolsa no ano anterior, sempre e cando non sexan cubertas a totalidade das bolsas ordinarias tipo II co alumnado que se matricula por primeira vez.
3. As bolsas supoñen un desconto dun 50 % ou un 80 % no prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, segundo se reflicte na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia, modificada por Orde do 29 de maio de 2024 (DOG número 110, do 7 de xuño).
4. Bolsas de nova adxudicación para novos/as alumnos/as do CSHG (TU200A):
a) Bolsas ordinarias tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido por titulación e aloxamento.
• 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 1 bolsa para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
b) Bolsas ordinarias tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
• 15 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 3 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
5. Bolsas excelencia académica (TU200C):
Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
• 6 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 2 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
6. Bolsas para persoas galegas residentes no exterior (TU200D):
Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
• 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 5 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
7. Bolsas de renovación para o alumnado que obtivese bolsa no curso anterior (TU200A):
• Bolsas ordinarias tipo I e tipo II do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (2º e 3º curso).
• Bolsas ordinarias tipo I e tipo II do Diploma Superior en Xestión Hoteleira (4º curso).
Supoñen un desconto dun 50 % ou un 80 % no prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa.
8. Bolsas de nova adxudicación vacantes para o resto do alumnado do CSHG (TU200A):
Supoñen o desconto dun 50 % ou un 80 % da matrícula ordinaria, dependendo da tipoloxía de bolsas vacantes, e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa.
Segundo. Persoas beneficiarias
Para poder optar á concesión dunha bolsa de nova adxudicación ou renovación deberán cumprirse as seguintes condicións:
a) Para as bolsas ordinarias tipo I, bolsas ordinarias tipo II e bolsas de excelencia académica:
1. Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o/a propio/a estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os/as estudantes estranxeiros/as non comunitarios/as deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estadía.
2. Ter solicitada a preadmisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG (formulario dispoñible en www.cshg.gal).
3. Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
4. Non estar incurso/a en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Para as bolsas para persoas galegas residentes no exterior:
1. Estar en posesión da nacionalidade española.
2. Residir fóra de España.
3. Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
4. Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
• Ser persoa emigrante nacida en Galicia.
• Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
• Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.
5. Ter solicitada a preadmisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
6. Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Terceiro. Obxecto e réxime
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para o alumnado que curse as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), para o curso 2023/24, código de procedemento TU200A.
Cuarto. Bases reguladoras
Resolución do 11 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2024/25 (códigos de procedemento TU200A, TU200C e TU200D).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 18 de xullo de 2024.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Sexto. Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.
Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, a persoa beneficiaria poderá aplicar o desconto correspondente sobre o prezo da matrícula, segundo o tipo de bolsa que lle foi concedido.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia