No Diario Oficial de Galicia número 87, do 3 de maio de 2024, publicouse a Resolución do 24 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632G).
Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración de todas as solicitudes e aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.
A base décimo novena da Resolución do 24 de abril de 2024 establece que a resolución da concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos da notificación.
Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de xuño de 2024, ditada no procedemento BS632G de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, que se xunta á presente resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.
Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coas entidades seleccionadas.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 139/2024,
do 20 de maio; DOG núm. 101, do 27 de maio)
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Resolución de adxudicación
Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se resolve o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral dano cerebral, adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632G).
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 3 de maio de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 24 de abril de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para as persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632G).
Segundo. No prazo establecido, presentáronse á convocatoria as seguintes entidades:
Lote núm. |
Data e número entrada REXEL |
Entidade |
CIF |
Área de discapacidade |
Servizo |
Núm. prazas |
Concello |
Centro |
Nº rexistro RUEPSS do centro |
1 |
30/05/2024 1765386 |
Asociación Raiolas Lugo E-5848 |
G27255991 |
Trastorno de espectro autista |
020601 Servizo de atención diúrna terapéutica |
10 |
Lugo |
Centro de día Raiolas Lugo |
E-5848-C-1 |
2 |
13/05/2024 1573365 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) E-154 |
G32115941 |
Discapacidade física |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
5 |
Mos |
Vivenda tutelada Rebullón Mos |
E-154-C-9 |
3 |
30/05/2024 1766584 |
Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace E-225 |
G36153757 |
Parálise cerebral |
020309 Servizo de atención residencial terapéutica |
12 |
Pontevedra |
Vivenda Residencial Amencer |
E-O225-C-6 |
4 |
30/05/2024 1763963 |
Fundación de Daño Cerebral -Fudace E-2075 |
G27293505 |
Dano cerebral adquirido |
020409 Servizo de atención residencial terapéutica |
12 |
Castro de Rei |
Residencia de atención a persoas con dano cerebral |
E-2075-C-01 |
5 |
29/05/2024 1748972 |
Asociación Daño Cerebral -Renacer E-1761 |
G32306623 |
Dano cerebral adquirido |
020402 Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía |
10 |
Ourense |
Centro de día para persoas con discapacidade DCA Ourense |
E-1761-C-01 |
6 |
01/06/2024 1784902 |
Asociación Pro-Minusválidos del Ortegal -Aspromor E-30 |
G15072077 |
Discapacidade intelectual |
020507 Servizo de atención residencial terapéutica |
3 |
Ortigueira |
Residencia gravemente afectados |
E-30-C-3 |
7 |
07/05/2024 1524296 |
Asociación Juan XXIII E-102 |
G36012128 |
Discapacidade intelectual |
020507 Servizo de atención residencial terapéutica |
12 |
Pontevedra |
Residencia para persoas discapacitadas gravemente afectadas Juan XXIII |
E-102-C-8 |
8 |
15/05/2024 1595236 |
Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño - Aspadisi E-862 |
G32198541 |
Discapacidade intelectual |
020508 Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional |
15 |
O Carballiño |
Residencia A Casa de Aspadisi |
E-862-C-2 |
9 |
07/05/2024 1524296 |
Asociación Juan XXIII E-102 |
G36012128 |
Discapacidade intelectual |
020508 Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional |
12 |
Pontevedra |
Residencia de discapacitados adultos Juan XXIII |
E-102-C-7 |
10 |
23/05/2024 1678604 |
Fundación EU SON E-1035 |
G27222983 |
Discapacidade intelectual |
020501 Servizo de atención diúrna terapéutica |
5 |
Burela |
Centro de día |
E-1035-C-2 |
11 |
13/05/2024 1572905 |
Fundación Igualarte E-1885 |
G36427524 |
Discapacidade intelectual |
020501 Servizo de atención diúrna terapéutica |
5 |
Vigo |
Centro de día |
E-1885-C-2 |
13 |
28/05/2024 1739351 |
Asociación de Persoas con Discapacidade Avante E-31 |
G15052442 |
Discapacidade intelectual |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
5 |
Val do Dubra |
Vivenda Tutelada Avante |
E-31-C-3 |
Non se presentou ningunha solicitude para os seguintes lotes:
Lote |
Área de discapacidade |
Servizo |
Nº prazas |
Concello |
Lote 12 |
Discapacidade intelectual |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
2 |
Cee |
Lote 14 |
Discapacidade intelectual |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
20 |
Monforte de Lemos |
Terceiro. O día 6 de xuño de 2024, reuniuse a Comisión de Valoración co obxecto de comprobar que as entidades que presentaron unha solicitude no concerto social referenciado co código de procedemento BS632G compren cos requisitos establecidos na base oitava da convocatoria e presentaron a documentación exixida na base décimo segunda.
Cuarto. Examinada a documentación, constátase que todas as entidades compren cos requisitos establecidos na base oitava da convocatoria e presentaron a documentación exixida na base décimo segunda de forma correcta e completa.
Quinto. Constatado que todas as entidades presentan a documentación correcta e completa, valóranse as solicitudes conforme os criterios de selección recollidos na base décimo sétima da convocatoria:
a) Experiencia da entidade na prestación de servizos sociais (1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS, cun máximo de 10 puntos).
b) Implantación do centro no concello onde se vai prestar o servizo (1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da autorización do centro no RUEPSS nese concello, cun máximo de 10 puntos).
c) Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral (máximo 10 puntos).
A puntuación resultante é a seguinte:
Lote 1: servizo de atención diúrna terapéutica (020601) – media pensión (220 días) – trastorno de espectro autista – 10 prazas – Concello de Lugo. |
|
Entidade: Asociación Raiolas Lugo - G27255991 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 11 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Lugo é de 1 ano. |
1 puntos |
A entidade non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
11 puntos |
Lote 2: servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais (010107) – internado (365 días) – discapacidade física – 5 prazas – Concello de Mos. |
|
Entidade: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) - G32115941 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Mos é de 8 anos. |
8 puntos |
A entidade presenta máis de dúas medidas de conciliación que se van aplicar na execución do concerto |
10 puntos |
Total |
28 puntos |
Lote 3: servizo de atención residencial terapéutica (020309) – internado (365) – parálise cerebral – 12 prazas - Pontevedra |
|
Entidade: Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace - G36153757 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Pontevedra é inferior a 1 ano |
0 puntos |
A entidade presenta máis de dúas medidas de conciliación que se van aplicar na execución do concerto |
10 puntos |
Total |
20 puntos |
Lote 4: servizo de atención residencial terapéutica (020409) – internado (365 días) – dano cerebral adquirido – 12 prazas Castro de Rei. |
|
Entidade: Fundación de Daño Cerebral – Fudace - G27293505 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 17 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Castro de Rei é de 14 anos. |
10 puntos |
A entidade non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
20 puntos |
Lote 5: servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía (020402) - sen comedor (220 días) – dano cerebral adquirido - 10 prazas no Concello de Ourense |
|
Entidade: Asociación Daño Cerebral – Renacer - G32306623 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 20 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Ourense é de 2 anos. |
2 puntos |
A entidade presenta Plan de igualdade, pero non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
12 puntos |
Lote 6: servizo de atención residencial terapéutica (020507) – internado (365 días) – discapacidade intelectual – 3 prazas no Concello de Ortigueira |
|
Entidade: Asociación Pro-Minusválidos del Ortegal – Aspromor - G15072077 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Ortigueira é de 5 anos. |
5 puntos |
A entidade non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
15 puntos |
Lote 7: servizo de atención residencial terapéutica (020507) – internado (365 días) – discapacidade intelectual – 12 prazas no Concello de Pontevedra |
|
Entidade: Asociación Juan XXIII - G36012128 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Pontevedra é de 1 ano. |
1 puntos |
Presenta o nº de rexistro do plan de igualdade, pero non presenta ningunha medida concreta en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
11 puntos |
Lote 8: servizo de atención residencial terapéutico ocupacional (020508) – internado (365 días) – discapacidade intelectual – 15 prazas no Concello do Carballiño |
|
Entidade: Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño – Aspadisi - G32198541 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 28 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello do Carballiño é inferior a 1 ano |
0 puntos |
A entidade non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
10 puntos |
Lote 9: servizo de atención residencial terapéutico ocupacional (020508) – internado (365 días) – discapacidade intelectual – 12 prazas no Concello de Pontevedra |
|
Entidade: Asociación Juan XXIII - G36012128 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Pontevedra é de 1 ano. |
1 puntos |
Presenta o nº de rexistro do Plan de igualdade, pero non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
11 puntos |
Lote 10: servizo de atención diúrna terapéutica (020501) – media pensión (220 días) – discapacidade intelectual – 5 prazas no Concello de Burela |
|
Entidade: Fundación Eu - G27222983 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 26 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Burela é de 14 anos. |
10 puntos |
A entidade non presenta unhas medidas concretas en materia de conciliación. |
0 puntos |
Total |
20 puntos |
Lote 11: servizo de atención diúrna terapéutica (020501) – media pensión (220 días) – discapacidade intelectual – 5 prazas no Concello de Vigo |
|
Entidade: Fundación Igualarte - G36427524 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 9 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Vigo é de 7 anos. |
7 puntos |
A entidade presenta o Distintivo en conciliación efr-1000 – Fundación Másfamilia |
5 puntos |
Total |
22 puntos |
Lote 13: servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais (010107) - internado (365 días) – discapacidade intelectual – 5 prazas no Concello de Val do Dubra |
|
Entidade: Asociación de Persoas con Discapacidade Avante - G15052442 |
|
Criterios de selección |
Puntuación |
A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 29 anos. |
10 puntos |
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Val do Dubra é de 13 anos. |
10 puntos |
A entidade non presenta ningunha medida concreta en materia de conciliación |
0 puntos |
Total |
20 puntos |
Fundamentos xurídicos:
Primeiro. En virtude da base décimo quinta da Resolución do 24 de abril de 2024, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos de Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Segundo. A base décimo sexta da Resolución do 24 de abril de 2024, nos seus parágrafos 2,4 e 5 establece:
«2. A Comisión de Avaliación será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.
4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no punto décimo sexto desta convocatoria.
5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade».
Terceiro. Segundo a base décimo oitava da Resolución do 24 de abril de 2024, a resolución correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,
RESOLVO:
Primeiro. Asignar os lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 13 do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período que abrangue desde a formalización, prevista para o 1 de xullo de 2024, ata o día 29 de febreiro de 2028, ás entidades que se relacionan no anexo I, e nos termos e contías que figuran neste, con cargo á aplicación orzamentaria 38.04.312D.228.2, e segundo os módulos económicos que se detallan:
1. O módulo económico para a reserva e ocupación de prazas por cada tipo de servizo será o seguinte:
Servizos para persoas dependentes con trastorno do espectro autista |
|||
Servizo |
Prezo/praza mes sen IVE |
IVE (4%) |
Prezo total |
020601-Servizo de atención diúrna terapéutica |
1.450,00 € |
58,00 € |
1.508,00 €/mes |
Servizos para persoas dependentes con discapacidade física |
|||
Servizo |
Prezo/praza mes sen IVE |
IVE (4%) |
Prezo total |
010107-Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
1.200,00 € |
48,00 € |
1.248,00 €/mes |
Servizos para persoas dependentes con parálise cerebral |
|||
Servizo |
Prezo/praza mes sen IVE |
IVE (4%) |
Prezo total |
020309-Servizo de atención residencial terapéutica |
3.600,00 € |
144,00 € |
3.744,00 €/mes |
Servizos para persoas dependentes con dano cerebral adquirido |
|||
Servizo |
Prezo/praza mes sen IVE |
IVE (4%) |
Prezo total |
020402-Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía |
810,00 € |
32,40 € |
842,40 €/mes |
020409-Servizo de atención residencial terapéutica |
3.600,00 € |
144,00 € |
3.744,00 €/mes |
Servizos para persoas dependentes con discapacidade intelectual |
|||
Servizo |
Prezo/praza mes sen IVE |
IVE (4%) |
Prezo total |
020501-Servizo de atención diúrna terapéutica |
1.305,00 € |
52,20 € |
1.357,20 €/mes |
020507-Servizo de atención residencial terapéutica |
3.300,00 € |
132,00 € |
3.432,00 €/mes |
020508-Servizo de atención residencial terapéutico-ocupacional |
2.010,00 € |
80,40 € |
2.090,40 €/mes |
010107-Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
1.160,00 € |
46,40 € |
1.206,40 €/mes |
2. No servizo de transporte, o módulo económico é o seguinte:
Servizo |
Prezo praza/día sen IVE |
IVE (10%) |
Prezo praza/día total |
Transporte |
11,30 € |
1,13 € |
12,43 € |
3. As compensacións polas medidas especiais de accesibilidade vinculadas ao transporte son as seguintes:
Perfil de mobilidade das persoas usuarias |
Prezo praza/día sen IVE |
IVE (10%) |
Prezo praza/día total |
Grupo 1 |
4,45 € |
0,44 € |
4,89 € |
Grupo 2 |
19,67 € |
1,96 € |
21,63 € |
Segundo. Declarar deserta a asignación dos lotes 12 e 14 por non presentar solicitude ningunha entidade.
Lote |
Área de discapacidade |
Servizo |
Nº prazas |
Concello |
Lote 12 |
Discapacidade intelectual |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
2 |
Cee |
Lote 14 |
Discapacidade intelectual |
010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais |
20 |
Monforte de Lemos |
Terceiro. Asinar o concerto social coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (base trixésimo sexta da Resolución do 24 de abril de 2024). A directora xeral de Persoas con Discapacidade. P.A. (disposición adicional primeira do Decreto 139/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de mayo). Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.