A través da Orde do 4 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro) convocáronse para o ano 2024 as subvencións destinadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de concorrencia competitiva.
O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 4 de xaneiro de 2024, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará para a anualidade de 2024 a cantidade de 3.517.172,62 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.732A.760.0. No punto 3 deste artigo prevese a posibilidade de incrementar a dotación desta partida en funcións das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non implica a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
A consecuencia do establecemento da nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, aprobada polo Decreto 42/2024, do 14 de abril, ditouse a Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 25 de abril de 2024 pola que se regulan as actuacións orzamentarias e contables necesarias para a adaptación do orzamento á nova estrutura orgánica, redistribuironse as aplicacións orzamentarias.
Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria, o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 39.02.732A.760.0 Mellora de infraestruturas en parques empresariais, por un importe de 271.083,78 €.
En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario
Modifícase o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Consellería de Economía e Industria do 4 de xaneiro de 2024 no referente ao importe total do crédito orzamentario e increméntase en 271.083,78 €, de maneira que a anualidade de 2024 pasa a ser de 3.788.256,40 €.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria