DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40238

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.

A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 29 de maio de 2024, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24 (DOG núm. 109, do 6 de xuño), establece no seu artigo 13 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 29 de maio de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro

Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo

Fixar a data, o horario, os lugares de realización da proba e as condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba realizarase o día 4 de setembro de 2024, de acordo co seguinte horario:

– 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

– 12.30 a 14.00 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares onde se realizará a proba:

Os lugares en que se realizará a proba publicaranse no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu).

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

Para a realización da proba as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.15 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

Manuel Trigás Verdini, inspector de educación.

María Beatriz Plana Galán, inspectora de educación.

Faustino Martín González, inspector de educación.

Marina Couñago Enríquez, inspectora de educación.

Roberto Cid Galante, inspector de educación.

Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de educación.

Suplentes:

Presidenta: Inmaculada Mª Fernández Teijeiro, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Vogais:

Marina Armada Vigo, inspectora de educación.

Román Latas Calvo, inspector de educación.

María Bóveda González, inspectora de educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de educación.

María Antonia González Comesaña, inspectora de educación.