DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40235

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311E).

Advertida a omisión do anexo IV da referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 125, do 28 de xuño de 2024, cómpre proceder á súa publicación.

ANEXO IV

ESTRUTURA DO INFORME DA PERSOA ASPIRANTE QUE ELABORARÁ

A COMISIÓN DO CENTRO

a) Dificultades persoais, educativas, da historia escolar ou da contorna sociofamiliar da persoa candidata que, ao xuízo do equipo docente, dificultaron o seu desenvolvemento educativo:

a.1. Recoñecemento de discapacidade e grao.

a.2. Etioloxía da discapacidade.

a.3. Dependencia acreditada e grao.

a.4. Trastorno grave da comunicación e da linguaxe.

Descrición.

a.5. Trastorno grave de conduta.

Descrición e repercusión a nivel escolar. No caso de apertura dalgún protocolo educativo indicar a data de aplicación. No caso de ingreso hospitalario por trastornos graves de conduta, indicar a data.

a.6. Problemas de saúde.

Descrición, comezo, duración temporal.

a.7. Presencia dalgunha síndrome.

Nome, descrición, repercusión cognitiva e educativa.

a.8. Trastorno do espectro do autismo.

Repercusión a nivel escolar.

a.9. Contorna sociofamiliar vulnerable.

Descrición, duración temporal e repercusión educativa.

a.10. Situación de absentismo escolar.

Descrición, comezo, duración temporal, data da apertura do Protocolo educativo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia.

a.11. Situación de acoso escolar ou ciberacoso.

Descrición, comezo, duración temporal, data da apertura do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar.

a.12. Situación de violencia de xénero ou maltrato.

Descrición, comezo, duración temporal.

a.13. Responsabilidade penal da persoa aspirante.

Descrición, comezo, duración temporal.

a.14. Persoa aspirante en situación de acollida ou protección e tutela.

Descrición, comezo, duración temporal.

a.15. Situación de alumna menor embarazada.

b) Medidas de apoio adoptadas polo centro educativo en relación coas necesidades educativas da persoa aspirante e a súa repercusión no progreso escolar:

b.1. Medidas ordinarias de atención á diversidade.

b.2. Medidas extraordinarias de atención á diversidade.

b.3. Outras medidas.

Repetición de curso, exención da segunda lingua estranxeira...

b.4. Recursos humanos, materiais e organizativos.

Profesorado con dispoñibilidade horaria, PT/AL, PAC...

c) Persistencia da persoa aspirante no logro das competencias e dos obxectivos da etapa e valoración do esforzo persoal para acadalos.

d) Descrición de calquera outra circunstancia que, ao xuízo da comisión do centro educativo, mereza ser tida en conta.