DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40245

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 21 de xuño 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2024), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2024.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificarase aos interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude https://www.cultura.gal

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 43.03.432B.481.2, para institucións sen fin de lucro, e 43.03.432B.460.0, para entidades locais galegas, de «subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado».

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro de 2024, conforme as condicións e documentación establecidas no artigo 22 da orde de convocatoria.

As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.

Así mesmo, e conforme o establecido no artigo 21 da orde de convocatoria, as entidades subvencionadas con esta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cómpre notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022, DOG núm. 151, do 8 de agosto; DA 2ª do Decreto 49/2024)
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

Relación de entidades e proxectos subvencionados

I. Institucións sen fin de lucro.

Nº expediente

NIF

Entidade

Proxecto

Subvención

2024_002

G32402737

Asociación Cultural A Bela Auria

IV Festival Pedra

3.000,00 €

2024_004

G67674598

Lideiras Asociación Cultural

Picnic Sesions

2.500,00 €

2024-0011

G36017952

ASCD O Condado

36º Festival de Poesía do Condado

4.000,00

2024_0015

G27515147

AC Luis Nieves

VI Concerto AC Luis Nieves «Mr Drum»

2.500,00 €

2024_0018

G94048303

AC Morrazica

XIII Kanekas Metal Fest

3.000,00 €

2024-0022

G36617082

Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares

XXXI Revoltallo de música e cultura emerxente

3.500,00 €

2024-0026

G3615334

Asociación Banda de Música Popular de Tui

XXIX Festival Bandas de Música

2.000,00 €

2024-0033

G01799535

Asociación Cultural SonSistema

Tremeterra III Encontro SoundSystem da Terra Brava

2.500,00 €

2024-0050

G27489855

Asociación Agrocuir da Ulloa

Festival Agrocuir da Ulloa

3.500,00 €

2024-0064

G70759667

Asociación Xornadas Etnográficas do Morrazo

Xornadas Etnográficas do Morrazo

3.500,00 €

II. Entidades locais galegas.

Nº expediente

Entidade local

NIF

Proxecto

Subvención

2024_005

Viveiro

P2706700H

VI Proxecto Superarte

2.000,00 €

2024_008

Noia

P1505800A

XV Festival de Jazz

3.000,00 €

2024-009

Cangas

P3600800A

XI Festival Aturuxos ao Son da Ría

2.000,00 €

2024_0012

Bande

P3200700G

Encontros de teatro escolar e amateur

2.000,00 €

2024_0013

Taboadela

P3208000D

V Semana Cultural de Taboadela

2.000,00 €

2024_0014

Ponteareas

P3604200J

Teatrea

2.000,00 €

2024_0035

Chantada

P2701600E

Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

2.000,00 €

2024_0041

O Incio

P2702400I

Festival Terra Brava 2024

3.000,00 €

2024_0046

O Valadouro

P2706300G

XXXVIII Semana de teatro afeccionado de Valadouro

1.568,19 €