Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 26 de xuño de 2024, é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 39289, no parágrafo 8, onde di:
«a) O formulario que figura na seguinte epígrafe da páxina web de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal/abastecemento».
Debe dicir:
«a) O formulario que figura no seguinte punto da páxina web de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Obras_AHG_Abastecemento?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/dixitalizacion-abastecemento/seccion.html».
Na páxina 39.295, no parágrafo 5, onde di:
«2. Identificación das necesidades de dixitalización do abastecemento en alta e grao de compromiso coa dixitalización. Analizarase a xustificación que realicen os concellos das súas necesidades de dixitalización e as actuacións previas de dixitalización executadas segundo o recollido na memoria técnica presentada. Ata un máximo de 35 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:».
Debe dicir:
«b) Identificación das necesidades de dixitalización do abastecemento en alta e grao de compromiso coa dixitalización. Analizarase a xustificación que realicen os concellos das súas necesidades de dixitalización e as actuacións previas de dixitalización executadas segundo o recollido na memoria técnica presentada. Ata un máximo de 35 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:».
Na páxina 39296, nos parágrafos 3, 4, 5 e 6, onde di:
«3. O plan municipal de emerxencia fronte á seca. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan municipal de emerxencia fronte á seca aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan municipal de emerxencia fronte á seca aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan municipal de emerxencia fronte á seca aprobado nos últimos 5 anos».
Debe dicir:
«c) O plan municipal de emerxencia fronte á seca. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan municipal de emerxencia fronte á seca redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan municipal de emerxencia fronte á seca redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan municipal de emerxencia fronte á seca redactado nos últimos 5 anos».
Na páxina 39296, nos parágrafos 7, 8, 9 e 10, onde di:
«4. A auditoría para a cuantificación de perdas. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cunha auditoría para a cuantificación de perdas aprobada nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia dela e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cunha auditoría para a cuantificación de perdas aprobada nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia dela pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude unha auditoría para a cuantificación de perdas aprobada nos últimos 5 anos».
Debe dicir:
«d) A auditoría para a cuantificación de perdas. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cunha auditoría para a cuantificación de perdas redactada nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia dela e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cunha auditoría para a cuantificación de perdas redactada nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia dela pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude unha auditoría para a cuantificación de perdas redactada nos últimos 5 anos».
Na páxina 39297, nos parágrafos 1, 2, 3 e 4, onde di:
«5. O plan de actuacións para a redución das perdas. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan de actuacións para a redución das perdas aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan de actuacións para a redución das perdas aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan de actuacións para a redución das perdas aprobado nos últimos 5 anos».
Debe dicir:
«e) O plan de actuacións para a redución das perdas. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan de actuacións para a redución das perdas redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan de actuacións para a redución das perdas redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan de actuacións para a redución das perdas redactado nos últimos 5 anos».
Na páxina 39297, nos parágrafos 5, 6, 7 e 8, onde di:
«6. O plan director de abastecemento municipal. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan director de abastecemento municipal aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan director de abastecemento municipal aprobado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan director de abastecemento municipal aprobado nos últimos 5 anos».
Debe dicir:
«f) O plan director de abastecemento municipal. Ata un máximo de 10 puntos. Os puntos distribuiranse da seguinte maneira:
10 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan director de abastecemento municipal redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del e a xustificación da súa aprobación.
5 puntos no caso de concellos solicitantes que conten cun plan director de abastecemento municipal redactado nos últimos 5 anos e que xunten á solicitude unha copia del pero non a xustificación da súa aprobación.
0 puntos no caso de concellos solicitantes que non xunten á solicitude un plan director de abastecemento municipal redactado nos últimos 5 anos».
Na páxina 39297, no parágrafo 9, onde di:
«7. No suposto de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:».
Debe dicir:
«2. No suposto de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:».