Despois de comprobar que, por mor dun erro, non lles foi comunicado ás persoas titulares dos predios número 78, 81, 84, 87, 88 e 101 do expediente IN407A 2010/268-1 (Lousame-Tivo) o acto de ocupación e requirimento da folla de valoración. En consecuencia, retrotráese para estes predios o procedemento ata a fase indicada.
A copia da acta previa e da folla de depósito están ao dispor das persoas titulares no departamento de expropiacións da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 17 de xuño de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de persoas interesadas
Predio núm. 78: herdeiros de Javier Gómez Rodríguez.
Predio núm. 81: Ramón Seage Prada.
Predio núm. 84: José Ríos Noya.
Predio núm. 87: María Alfonso Beis.
Predio núm. 88: Brenda e Olalla Carrillo Campelo. Herdeiros de Manuela Solla Tarela.
Predio núm. 101: María Puente Núñez.