Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI712 e CTC Laxes-Confurco, no concello do Porriño, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 21 de xuño de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/331-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS ATI712 e CTC Laxes-Confurco.
Concello: O Porriño.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
2 |
36039A006000220000DR |
Descoñecido |
22 de xullo de 2024 |
2024/54/321 |
3 |
36039A006000230000DD |
María del Carmen Rodríguez Acuña |
22 de xullo de 2024 |
2024/54/322 |