DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40731

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros.

Mediante a Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia, convocáronse procedementos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia. A base décimo sétima desta establece que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para realizar a fase de prácticas.

Pola súa banda, na Orde do 1 de agosto de 2023 publícase a relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro).

Así mesmo, mediante a Orde do 3 de agosto de 2023 noméanse como persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro).

Na mesma orde indicada no parágrafo anterior noméase, nas súas disposicións segunda e terceira, coa condición de persoal funcionario en prácticas, a Emilio José Suárez Canedo, con DNI ***6298**, especialidade Matemáticas, que superou o procedemento selectivo de ingreso convocado mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro) e o persoal pendente da realización da fase de prácticas, polas causas que se indican no anexo da orde citada no parágrafo anterior, que superou os procedementos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro.

Segundo. Declarar apto na fase de prácticas o persoal que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro) que se relaciona no anexo da Orde do 3 de agosto de 2023 pola que se nomean como persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro) e outras ordes (Diario Oficial de Galicia número 160, do 24 de agosto de 2023), agás a David Núñez Túñez, con DNI ***3808**, na especialidade de Filosofía do corpo de profesores de ensino secundario, e a María Carmen Regina Vidal Abad, con DNI ***3923**, na especialidade de Lingua Estranxeira Francés do corpo de mestres, por obteren a cualificación de non aptas.

Terceiro. Declarar a perda da condición de persoal funcionario en prácticas, así como de todos os dereitos inherentes á súa participación derivados do procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro), con efectos do 1 de setembro de 2024, por ter sido declaradas non aptas por segunda vez, de conformidade co punto noveno da base vixésimo segunda da dita orde, de David Núñez Túñez, con DNI ***3808**, na especialidade de Filosofía do corpo de profesores de ensino secundario, e de María Carmen Regina Vidal Abad, con DNI ***3923**, na especialidade de de Lingua Estranxeira Francés do corpo de mestres.

Cuarto. Declarar apto na fase de prácticas a Emilio José Suárez Canedo, con DNI ***6298**, especialidade Matemáticas, que superou o procedemento selectivo de ingreso convocado mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Quinto. Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional