BDNS (Identif.): 739787.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Importe
Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:
Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2024 polo importe máximo de 3.000.000 € (partida orzamentaria 09.A1.741A.8900). En relación coas compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 375.000 € para o exercicio 2024 e de 405.000 € para o exercicio 2025, partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, logo da existencia de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro e/ou ás comisións de aval financiarase con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, cunha dotación de 375.000 € para o exercicio 2024, 8.895.000 € para o exercicio 2025 e de 4.500.000 € para o exercicio 2026.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica