DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o 24 de xuño de 2024, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello da Pobra do Brollón (Lugo).

Unha vez adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia o 24 de xuño de 2024,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado na sesión do 24 de xuño de 2024 e que se transcribe a seguir:

Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello da Pobra do Brollón (Lugo).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios