De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 27 de xuño de 2024
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
ANI-LU-0058/2024-V |
40349028J |
Acordo de inicio |
Polo director territorial |