DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41383

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas a investimentos en materia de bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406C.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Segundo o artigo 11 da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución correspondente, que producirá os efectos de notificación.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

RESOLVE:

Dar publicidade da resolución pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015)
José Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.1.

c) Crédito orzamentario: 655.720,24 € financiado ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

d) Establecemento da contía da axuda: a contía da subvención está entre un mínimo do 40 % e o máximo do 70 % sobre un investimento máximo de 120.000,00 € por cada instalación.

e) Finalidade: investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución coa finalidade de mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social en centros de produción de material vexetal de reprodución.

f) Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental: mellorar a resiliencia e a competitividade dun sector económico estratéxico como o sector agroalimentario, apoiando a consecución dos obxectivos climáticos, ambientais e de descarbonización da economía.

Política panca: política número 1 «Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura».

Compoñente 3 «Transformación ambiental e dixital do sector agroalimentario e pesqueiro».

Medida: investimento 3 «Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección».

Subproxecto: apoio ao investimento en bioseguridade en viveiros de Galicia.

g) Obrigas en materia de emprego:

As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas do Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

h) Prazo de execución: 12 meses desde a concesión da subvención.

i) Os beneficiarios das subvencións garantirán o pleno cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH), durante todas as fases do deseño e execución do proxecto.

j) Requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto:

– As accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao fondo europeo que financia a actuación.

– Nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible.

– Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Exhibir de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual, en particular cando promovan accións e os seus resultados, facilitarán información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

k) Outras obrigas:

Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

l) Segundo o indicado no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicarán, co contido previsto no número 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

m) Recursos administrativos:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123, e 124 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

– Persoas beneficiarias (MR406C):

Nº expediente

Puntuación

Nome/razón social

NIF

Investimentos

Investimento aprobado

Intensidade da axuda

Importe da axuda

MR406C_2023_36_000001

Criterio 1

0

Cultivos Casaita, S.L.

B36297406

Actuación en sección 1: estrutura metálica en 3.450 m2 para instalacións de desinfección, e actuación sección 2: estrutura metálica completada con plástico en 2.850 m2, con soleira

119.821,61

70 %

83.875,13 €

Data de entrada

Criterio 2

2

20.11.2023

Criterio 3

0

Total

2

Total

83.875,13 €

Nº expediente

Puntuación

Nome/razón social

NIF

Investimentos

Investimento aprobado

Intensidade da axuda

Importe da axuda

MR406_2023_36_000002

Criterio 1

0

Agrogrande, S.L.

B94037991

Estación de lavado de bandexas e xerador desinfectante

96.567,21 €

70 %

67.597,05 €

Data de entrada

Criterio 2

2

Obra complementaria

20.279,11 €

70 %

14.195,38 €

23.11.2023

Criterio 3

0

Total

2

Total

81.792,43 €

Nº expediente

Puntuación

Nome/razón social

NIF

Investimentos

Investimento aprobado

Intensidade da axuda

Importe da axuda

MR406C_2023_15_000003

Criterio 1

0

Fundación Paideia Galiza

G15798655

Malla antitrips; mesa e soleira

13.983,00 €

70 %

9.788,10

Data de entrada

Criterio 2

2

24.11.2023

Criterio 3

0

Total

2

Total

9.788,10

Nº expediente

Puntuación

Nome/razón social

NIF

Investimentos

Investimento aprobado

Intensidade da axuda

Importe da axuda

MR406C_2022_36_000004

Criterio 1

3

Rubén Fernández Fernández

****1700**

Maquinaria para termoterapia

57.200,00

70 %

40.040,00 €

Data de entrada

Criterio 2

0

Obra complementaria

1.300,00

70 %

910,00 €

23.11.2023

Criterio 3

0

Total

3

Total

40.950,00 €

Criterios de puntuación:

Criterio 1. Produtores de dereito privado de campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e campos de planta nai de base

de cítricos: 3 puntos.

Criterio 2. Resto de produtores de dereito privado: 2 puntos.

Criterio 3. Produtores de dereito público: 1 punto.

No caso de empate en puntos, priorízase a orde de presentación de solicitudes.