DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea M.L. IV.

Antecedentes:

1. O día 29 de maio de 2024, María Dolores Dieste Triñanes solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea M.L. IV.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: M.L. IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 227.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.4.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: María Dolores Dieste Triñanes (***8059**).

Novos titulares: Silvia Pérez Villaverde (***7606**), (50 % ganancial) e José Manuel Dieste Triñanes (***3939**), (50 % ganancial).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 17 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13 de maio de 2024)
Mª Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica