DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se fai público o financiamento cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da Ría de Arousa. Ampliación da estación de tratamento de augas potables do sistema de abastecemento ao Barbanza, Padrón (A Coruña)-obra con expediente AUG-2023-0016. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2023-0037).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do lugar principal de execución do servizo: ES111 Padrón.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da Ría de Arousa. Ampliación da estación de tratamento de augas potables do sistema de abastecemento ao Barbanza, Padrón (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2023-0016. Referencia do expediente AUG-2023-0037.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 92.762,44 euros. Importe total: 112.242,55 euros.

8. Valor estimado do contrato: 123.383,33 euros. Inclúe o orzamento de licitación (92.762,44 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (30.620,89 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 18 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 12 de marzo de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 10.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 7.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 12 de abril de 2024.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: TPF Getinsa Euroestudios, S.L.

14.2) NIF: B84840685.

14.3) Enderezo: rúa sobre A Igrexa, 129, 15640 Guísamo-Bergondo (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111.

14.5) Correo electrónico: ofertas@tpfingenieria.com

14.6) Teléfono: 661 33 05 37.

14.7) Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 75.146,85 euros. Importe total: 90.927,69 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan en política panca II «Infraestruturas e ecosistemas resilientes»; compoñente 5 «Preservación do litoral e recursos hídricos»; medida: investimento 1 (C5.I1) «Materialización de actuacións de depuración, saneamento, eficiencia, aforro, reutilización e seguridade de infraestruturas (DSEAR)»; obxectivo nº 76 «Infraestruturas de tratamento de augas e augas residuais melloradas». Subproxecto 12 «Mellora do abastecemento e redución de perdas en redes de pequenos e medianos municipios».

O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfono: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 8 de maio de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 14 de marzo de 2024.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 15 de abril de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 18 de abril de 2024.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

missing image file