Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 131, do 8 de xullo de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 40919, onde di:
«ANEXO XV
Retribucións brutas máximas do persoal contratado
Titulación |
Importe mensual bruto para unha xornada máxima de 40 horas semanais |
Título de doutoramento, licenciado ou equivalente |
2.094,71 € |
Diplomatura ou equivalente |
1.748.89 € |
Título de bacharelato, BUP, formación profesional de técnico superior, FP II |
1.404,22 € |
Formación profesional de técnico, FP I, educación secundaria obrigatoria |
1.189,88 €» |
Debe dicir:

1.189,88 € |
Graduado escolar (EXB) e outros |
1.066,51 €» |
Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.