DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42023

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 9 de xullo de 2024 pola que se establecen os servizos mínimos que se van prestar durante a folga convocada con carácter indefinido desde o 15 de xullo de 2024 pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na empresa Maitours, S.L., integrante da UTE titular do contrato de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral XG642.

O exercicio da folga por parte dos traballadores para a lexítima defensa dos seus intereses é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución no seu artigo 28.2. O seu respecto e a súa protección resultan esenciais para o correcto funcionamento dun estado democrático, en que se deben garantir todos os mecanismos de expresión da soberanía popular. Non obstante o anterior, o exercicio dese dereito debe cohonestarse co respecto ao resto dos dereitos constitucionalmente establecidos e coa garantía de acceso da comunidade aos servizos considerados esenciais.

No sector do transporte, os servizos que se prestan teñen un carácter esencial para a cidadanía en canto que supoñen unha ferramenta básica para o exercicio doutros dereitos, como son os de libre circulación dentro do territorio nacional (artigo 19 da Constitución), á educación (artigo 27) e ao traballo (artigo 35). Desta maneira, a garantía dunha mínima mobilidade da cidadanía durante a xornada de folga convértese nunha demanda do interese xeral que debe ser atendida pola Administración no ámbito das competencias que ten atribuídas.

O 24 de xuño de 2024, o sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou a convocatoria dunha folga con carácter indefinido desde o 15 de xullo de 2024 na empresa Maitours, S.L., integrante da UTE titular do contrato de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral XG642-Metropolitano de Ferrol.

A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial dos servizos prestados no marco do contrato XG642-Metropolitano de Ferrol e os/as traballadores/as que prestan servizos para a indicada empresa no centro de traballo de Narón.

No marco das competencias atribuídas á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no sector do transporte, os servizos afectados por esta folga son:

A) Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: está afectada pola folga a concesión do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral XG642-Metropolitano de Ferrol, cuxa concesionaria é a UTE Ferrolbus, na cal participa a empresa Maitours, S.L.

Respecto das expedicións non integradas, diferéncianse as de lonxitude inferior a vinte e cinco quilómetros, nas cales, nas franxas horarias da primeira e última hora do día, das 6.00 ás 9.00 horas e das 18.00 ás 21.00 horas, se establece como servizos mínimos o cincuenta por cento das expedicións existentes, e as expedicións non integradas de lonxitude superior a vinte e cinco quilómetros, con orixe ou destino nalgunha das sete cidades, nas cales se mantén unha expedición de ida e outra de volta nos servizos con saída anterior ás 14.00 horas e posterior ás 18.00 horas.

Tendo en conta que a convocatoria se efectúa de xeito indefinido desde o 15 de xullo e que a explotación dos servizos de transporte varía duns días da semana a outros, no anexo desta orde proponse o calendario de servizos mínimos que se van prestar nos diferentes días da semana para a tempada estival, e deberanse establecer os servizos mínimos que se van prestar no caso de que a folga continúe máis alá do dito período temporal.

B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: estes servizos non resultan afectados polo ámbito temporal de aplicación dos servizos mínimos definidos nela.

C) Servizos regulares de uso especial para transporte de traballadores: co fin de garantir a chegada e a saída aos postos de traballo naqueles servizos de carácter interurbano en que a ausencia dunha previsión mínima crebaría toda posibilidade de acceso ao traballo, propóñense como mínimos todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

Tras ser convocado o Comité de Folga a manter unha xuntanza para analizar a proposta de servizos mínimos, esta tivo lugar o día 9 de xullo de 2024 coa participación de representantes da Administración e da entidade sindical convocante, e acadouse a conformidade do Comité de Folga coa proposta de servizos mínimos presentada.

As circunstancias apuntadas e a garantía de dereitos vinculados coa mobilidade, co traballo e coa propia liberdade de circulación son as que levan a establecer os servizos mínimos concretados na presente orde, dirixidos a garantir a mínima prestación de servizos que posibilite o exercicio daqueles outros dereitos esenciais; compatibilízase así o contido esencial de todos os dereitos en conflito.

Na súa virtude, por proposta da Dirección Xeral de Mobilidade e coa conformidade do Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo único. Servizos mínimos

Durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) con carácter indefinido desde o 15 de xullo de 2024 na empresa Maitours, S.L., terán a consideración de servizos mínimos os seguintes:

1. Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: os servizos que se relacionan no anexo desta orde.

2. Servizos regulares de uso especial para o transporte de traballadores: todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

As empresas de transporte daranlle a máxima difusión dos servizos concretos que resulten afectados por esta orde ás persoas usuarias a través daqueles medios que permitan o seu coñecemento e, en todo caso, nos propios vehículos, con antelación ao inicio e durante a folga.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Calendario*

Código de expedición

Nome da ruta

Sentido

Hora de saída

Hora de chegada

LMMcXV

XG64200101001

Mercado de San Xulián-O Val

Ida

7.30

8.00

LMMcXV

XG64200101003

Mercado de San Xulián-O Val

Ida

8.30

9.00

LMMcXV

XG64200101012

Mercado de San Xulián-O Val

Volta

6.30

7.00

D

XG64200201007

Mercado de San Xulián-A Graña

Ida

20.30

20.48

LMMcXV

XG64200201009

Mercado de San Xulián-A Graña

Volta

7.30

7.48

LMMcXV

XG64200201016

Mercado de San Xulián-A Graña

Ida

20.30

20.48

S

XG64200201020

Mercado de San Xulián-A Graña

Ida

20.30

20.48

LMMcXV

XG64200301005

Mercado de San Xulián-San Felipe

Volta

7.45

8.17

LMMcXV

XG64200301012

Mercado de San Xulián-San Felipe

Ida

19.00

19.32

LMMcXV

XG64200401001

Mercado de San Xulián-circular

Ida

7.20

8.20

LMMcXV

XG64200401004

Mercado de San Xulián-circular

Volta

11.35

12.35

LMMcXV

XG64200401007

Mercado de San Xulián-circular

Volta

18.05

19.05

LMMcXV

XG64200401008

Mercado de San Xulián-circular

Ida

19.20

20.20

SD

XG64200401009

Mercado de San Xulián-circular

Volta

9.30

10.30

SD

XG64200401015

Mercado de San Xulián-circular

Ida

19.30

20.30

LMc

XG64200501009

Hospital Novoa Santos-Mougá Escolar

Volta

8.17

8.46

XV

XG64200701005

Cemiterio-A Pedreira

Volta

9.00

9.38

LMc

XG64200801001

Praza de España-Claudina

Volta

9.00

10.00

MX

XG64200901005

CEIP San Xoán de Filgueira-San Pedro de Leixa

Volta

8.00

8.30

MX

XG64201201005

CEIP de Pazos-O Cruce

Volta

9.00

9.23

XV

XG64201301001

CEE Terra de Ferrol-Canido

Volta

8.00

8.35

LMc

XG64201401005

Valón (estrada)-Claudina

Volta

8.00

8.48

LMMcXV

XG64201601001

Canido-Canido

Volta

8.00

8.44

LMMcXV

XG64201701004

Mercado de San Xulián-O Val

Ida

18.30

19.00

S

XG64201701008

Mercado de San Xulián-O Val

Volta

18.00

18.30

SD

XG64201701021

Mercado de San Xulián-O Val

Ida

20.15

20.45

LMMcXV

XG64201901002

Canido-Canido

Volta

18.00

18.46

LMMcXV

XG64201901004

Canido-Canido

Volta

20.30

21.16

SD

XG64201901011

Canido-Canido

Volta

20.00

20.46

D

XG64202001001

Porto-O Puntal

Volta

7.00

7.50

D

XG64202001005

Porto-O Puntal

Volta

8.00

8.50

D

XG64202001009

Porto-O Puntal

Volta

8.40

9.30

LMMcXV

XG64202001040

Porto-O Puntal

Volta

18.00

18.50

LMMcXV

XG64202001041

Porto-O Puntal

Ida

18.10

19.00

LMMcXV

XG64202001042

Porto-O Puntal

Volta

18.20

19.10

LMMcXV

XG64202001049

Porto-O Puntal

Ida

19.10

20.00

LMMcXV

XG64202001050

Porto-O Puntal

Volta

19.20

20.10

LMMcXV

XG64202001051

Porto-O Puntal

Ida

19.30

20.20

LMMcXV

XG64202001052

Porto-O Puntal

Volta

19.40

20.30

LMMcXV

XG64202001060

Porto-O Puntal

Volta

20.40

21.30

LMMcXV

XG64202001061

Porto-O Puntal

Ida

20.50

21.40

LMMcXV

XG64202001062

Porto-O Puntal

Volta

21.00

21.50

S

XG64202001071

Porto-O Puntal

Volta

6.00

6.50

S

XG64202001072

Porto-O Puntal

Volta

6.30

7.20

S

XG64202001073

Porto-O Puntal

Ida

6.30

7.20

S

XG64202001077

Porto-O Puntal

Ida

7.30

8.20

S

XG64202001078

Porto-O Puntal

Ida

8.00

8.50

S

XG64202001081

Porto-O Puntal

Volta

8.15

9.05

S

XG64202001126

Porto-O Puntal

Ida

18.00

18.50

S

XG64202001129

Porto-O Puntal

Volta

18.15

19.05

S

XG64202001130

Porto-O Puntal

Ida

18.30

19.20

S

XG64202001134

Porto-O Puntal

Ida

19.30

20.20

S

XG64202001135

Porto-O Puntal

Volta

19.45

20.35

S

XG64202001141

Porto-O Puntal

Volta

20.45

21.35

S

XG64202001142

Porto-O Puntal

Ida

21.00

21.50

D

XG64202001172

Porto-O Puntal

Volta

18.00

18.50

D

XG64202001176

Porto-O Puntal

Volta

18.40

19.30

D

XG64202001180

Porto-O Puntal

Volta

19.20

20.10

D

XG64202001184

Porto-O Puntal

Volta

20.00

20.50

D

XG64202001188

Porto-O Puntal

Volta

20.40

21.30

LMMcXV

XG64202001205

Porto-O Puntal

Volta

7.00

7.50

LMMcXV

XG64202001206

Porto-O Puntal

Ida

7.10

8.00

LMMcXV

XG64202001210

Porto-O Puntal

Ida

7.55

8.45

LMMcXV

XG64202001211

Porto-O Puntal

Volta

8.00

8.50

LMMcXV

XG64202001212

Porto-O Puntal

Ida

8.10

9.00

LMMcXV

XG64202001216

Porto-O Puntal

Ida

8.50

9.40

LMMcXV

XG64202001217

Porto-O Puntal

Volta

9.00

9.50

LMMcXV

XG64202101001

Porto-Hospital Novoa Santos

Ida

6.00

6.45

LMMcXV

XG64202101003

Porto-Hospital Novoa Santos

Ida

7.00

7.45

LMMcXV

XG64202101005

Porto-Hospital Novoa Santos

Ida

8.00

8.45

LMMcXV

XG64202101007

Porto-Hospital Novoa Santos

Ida

9.00

9.45

LMMcXV

XG64202201002

Hospital Novoa Santos-porto

Ida

6.45

7.30

LMMcXV

XG64202201004

Hospital Novoa Santos-porto

Ida

7.45

8.30

LMMcXV

XG64202201006

Hospital Novoa Santos-porto

Ida

8.45

9.30

LMMcXV

XG64202301001

Canido-Hospital Novoa Santos

Ida

7.00

8.00

LMMcXV

XG64202301003

Canido-Hospital Novoa Santos

Ida

9.00

10.00

LMMcXV

XG64202401001

Hospital Novoa Santos-Canido

Ida

7.00

8.00

LMMcXV

XG64202401003

Hospital Novoa Santos-Canido

Ida

9.00

10.00

LMMcXV

XG64202701001

Canido-praza da Graña

Ida

8.00

8.19

LMMcXV

XG64202701011

Canido-praza da Graña

Ida

18.00

18.19

LMMcXV

XG64202701013

Canido-praza da Graña

Ida

20.00

20.19

S

XG64202701016

Canido-praza da Graña

Ida

8.00

8.19

S

XG64202701026

Canido-praza da Graña

Ida

18.00

18.19

S

XG64202701028

Canido-praza da Graña

Ida

20.00

20.19

LMMcXV

XG64202801001

Praza da Graña-Canido

Ida

7.30

7.51

LMMcXV

XG64202801012

Praza da Graña-Canido

Ida

18.30

18.51

LMMcXV

XG64202801014

Praza da Graña-Canido

Ida

20.30

20.51

S

XG64202801016

Praza da Graña-Canido

Ida

8.30

8.51

S

XG64202801026

Praza da Graña-Canido

Ida

18.30

18.51

S

XG64202801028

Praza da Graña-Canido

Ida

20.30

20.51

D

XG64202901001

Praza da Graña-Couto

Ida

8.00

8.59

D

XG64202901021

Praza da Graña-Couto

Ida

18.00

18.59

D

XG64202901025

Praza da Graña-Couto

Ida

20.00

20.59

LMMcXV

XG64203001001

Praza de Galicia-Couto

Ida

7.30

7.51

LMMcXV

XG64203001012

Praza de Galicia-Couto

Ida

18.30

18.51

LMMcXV

XG64203001014

Praza de Galicia-Couto

Ida

20.30

20.51

S

XG64203001016

Praza de Galicia-Couto

Ida

7.30

7.51

S

XG64203001027

Praza de Galicia-Couto

Ida

18.30

18.51

S

XG64203001029

Praza de Galicia-Couto

Ida

20.30

20.51

LMMcXV

XG64203101001

Couto-praza de Galicia

Ida

7.00

7.19

LMMcXV

XG64203101003

Couto-praza de Galicia

Ida

9.00

9.19

LMMcXV

XG64203101012

Couto-praza de Galicia

Ida

18.00

18.19

LMMcXV

XG64203101014

Couto-praza de Galicia

Ida

20.00

20.19

S

XG64203101017

Couto-praza de Galicia

Ida

7.00

7.19

S

XG64203101019

Couto-praza de Galicia

Ida

9.00

9.19

S

XG64203101028

Couto-praza de Galicia

Ida

18.00

18.19

S

XG64203101030

Couto-praza de Galicia

Ida

20.00

20.19

D

XG64203201001

Praza Vella-Caranza

Ida

8.20

8.36

S

XG64203201040

Praza Vella-Caranza

Ida

18.00

18.16

S

XG64203201042

Praza Vella-Caranza

Ida

18.40

18.56

S

XG64203201046

Praza Vella-Caranza

Ida

19.20

19.36

S

XG64203201048

Praza Vella-Caranza

Ida

20.00

20.16

S

XG64203201050

Praza Vella-Caranza

Ida

20.40

20.56

D

XG64203201063

Praza Vella-Caranza

Ida

18.20

18.36

D

XG64203201067

Praza Vella-Caranza

Ida

19.40

19.56

D

XG64203201071

Praza Vella-Caranza

Ida

21.00

21.16

LMMcXV

XG64203201079

Praza Vella-Caranza

Ida

7.00

7.16

LMMcXV

XG64203201080

Praza Vella-Caranza

Ida

7.25

7.41

LMMcXV

XG64203201085

Praza Vella-Caranza

Ida

8.40

8.56

LMMcXV

XG64203201086

Praza Vella-Caranza

Ida

8.55

9.11

LMMcXV

XG64203201123

Praza Vella-Caranza

Ida

18.10

18.26

LMMcXV

XG64203201124

Praza Vella-Caranza

Ida

18.25

18.41

LMMcXV

XG64203201125

Praza Vella-Caranza

Ida

18.40

18.56

LMMcXV

XG64203201129

Praza Vella-Caranza

Ida

19.40

19.56

LMMcXV

XG64203201130

Praza Vella-Caranza

Ida

19.55

20.11

LMMcXV

XG64203201131

Praza Vella-Caranza

Ida

20.10

20.26

S

XG64203201141

Praza Vella-Caranza

Ida

7.40

7.56

S

XG64203201143

Praza Vella-Caranza

Ida

8.20

8.36

S

XG64203201145

Praza Vella-Caranza

Ida

9.00

9.16

D

XG64203301001

Caranza-Praza Vella

Ida

8.00

8.18

S

XG64203301041

Caranza-Praza Vella

Ida

18.00

18.18

S

XG64203301045

Caranza-Praza Vella

Ida

18.40

18.58

S

XG64203301047

Caranza-Praza Vella

Ida

19.20

19.38

S

XG64203301049

Caranza-Praza Vella

Ida

20.00

20.18

S

XG64203301051

Caranza-Praza Vella

Ida

20.40

20.58

D

XG64203301063

Caranza-Praza Vella

Ida

18.00

18.18

D

XG64203301067

Caranza-Praza Vella

Ida

19.20

19.38

D

XG64203301071

Caranza-Praza Vella

Ida

20.40

20.58

LMMcXV

XG64203301079

Caranza-Praza Vella

Ida

6.45

7.03

LMMcXV

XG64203301081

Caranza-Praza Vella

Ida

7.30

7.48

LMMcXV

XG64203301083

Caranza-Praza Vella

Ida

8.00

8.18

LMMcXV

XG64203301085

Caranza-Praza Vella

Ida

8.30

8.48

LMMcXV

XG64203301087

Caranza-Praza Vella

Ida

9.00

9.18

LMMcXV

XG64203301123

Caranza-Praza Vella

Ida

18.00

18.18

LMMcXV

XG64203301124

Caranza-Praza Vella

Ida

18.15

18.33

LMMcXV

XG64203301125

Caranza-Praza Vella

Ida

18.30

18.48

LMMcXV

XG64203301129

Caranza-Praza Vella

Ida

19.30

19.48

LMMcXV

XG64203301130

Caranza-Praza Vella

Ida

19.45

20.03

LMMcXV

XG64203301134

Caranza-Praza Vella

Ida

20.45

21.03

LMMcXV

XG64203301135

Caranza-Praza Vella

Ida

21.00

21.18

S

XG64203301141

Caranza-Praza Vella

Ida

7.20

7.38

S

XG64203301143

Caranza-Praza Vella

Ida

8.00

8.18

S

XG64203301145

Caranza-Praza Vella

Ida

8.40

8.58

D

XG64203401001

Porto-Hospital Naval

Ida

7.45

8.15

D

XG64203401023

Porto-Hospital Naval

Ida

18.45

19.15

D

XG64203401027

Porto-Hospital Naval

Ida

20.45

21.15

LMMcXV

XG64203401036

Porto-Hospital Naval

Ida

18.00

18.45

LMMcXV

XG64203401038

Porto-Hospital Naval

Ida

19.00

19.45

LMMcXV

XG64203401040

Porto-Hospital Naval

Ida

20.00

20.45

LMMcXV

XG64203401042

Porto-Hospital Naval

Ida

21.00

21.45

S

XG64203401045

Porto-Hospital Naval

Ida

7.15

7.45

S

XG64203401047

Porto-Hospital Naval

Ida

8.15

8.45

S

XG64203401063

Porto-Hospital Naval

Ida

18.45

19.15

S

XG64203401065

Porto-Hospital Naval

Ida

20.45

21.15

D

XG64203501001

Hospital Naval-porto

Ida

8.15

8.45

D

XG64203501021

Hospital Naval-porto

Ida

18.15

18.45

D

XG64203501025

Hospital Naval-porto

Ida

20.15

20.45

LMMcXV

XG64203501036

Hospital Naval-porto

Ida

18.15

19.00

LMMcXV

XG64203501038

Hospital Naval-porto

Ida

19.15

20.00

LMMcXV

XG64203501040

Hospital Naval-porto

Ida

20.15

21.00

S

XG64203501045

Hospital Naval-porto

Ida

7.15

7.45

S

XG64203501047

Hospital Naval-porto

Ida

8.15

8.45

S

XG64203501063

Hospital Naval-porto

Ida

18.15

18.45

S

XG64203501065

Hospital Naval-porto

Ida

20.15

20.45

LMMcXV

XG64203601003

Canido-Hospital Naval

Ida

18.00

19.00

LMMcXV

XG64203601005

Canido-Hospital Naval

Ida

20.00

21.00

S

XG64203601008

Canido-Hospital Naval

Ida

7.45

8.30

LMMcXV

XG64203701003

Hospital Naval-Canido

Ida

18.00

19.00

LMMcXV

XG64203701005

Hospital Naval-Canido

Ida

20.00

21.00

S

XG64203701008

Hospital Naval-Canido

Ida

8.00

8.45

LMMcXV

XG64204001002

Porto-O Puntal (Navantia)

Ida

6.25

7.15

LMMcXV

XG64204101001

Caranza-Canido

Ida

6.20

6.55

LMMcXV

XG64204201001

Hospital Novoa Santos-porto (Navantia)

Ida

6.00

6.53

X festivo

XG64200201008

Mercado de San Xulián-A Graña

Ida

20.30

20.48

X festivo

XG64200401010

Mercado de San Xulián-circular

Volta

9.30

10.30

X festivo

XG64200401016

Mercado de San Xulián-circular

Ida

19.30

20.30

X festivo

XG64201701020

Mercado de San Xulián-O Val

Ida

18.30

19.00

X festivo

XG64201901012

Canido-Canido

Volta

20.00

20.46

X festivo

XG64202001002

Porto-O Puntal

Volta

7.00

7.50

X festivo

XG64202001006

Porto-O Puntal

Volta

8.00

8.50

X festivo

XG64202001010

Porto-O Puntal

Volta

8.40

9.30

X festivo

XG64202001173

Porto-O Puntal

Volta

18.00

18.50

X festivo

XG64202001177

Porto-O Puntal

Volta

18.40

19.30

X festivo

XG64202001181

Porto-O Puntal

Volta

19.20

20.10

X festivo

XG64202001185

Porto-O Puntal

Volta

20.00

20.50

X festivo

XG64202001189

Porto-O Puntal

Volta

20.40

21.30

X festivo

XG64202901002

Praza da Graña-Couto

Ida

8.00

8.59

X festivo

XG64202901022

Praza da Graña-Couto

Ida

18.00

18.59

X festivo

XG64202901026

Praza da Graña-Couto

Ida

20.00

20.59

X festivo

XG64203201002

Praza Vella-Caranza

Ida

8.20

8.36

X festivo

XG64203201064

Praza Vella-Caranza

Ida

18.20

18.36

X festivo

XG64203201068

Praza Vella-Caranza

Ida

19.40

19.56

X festivo

XG64203201072

Praza Vella-Caranza

Ida

21.00

21.16

X festivo

XG64203301002

Caranza-Praza Vella

Ida

8.00

8.18

X festivo

XG64203301064

Caranza-Praza Vella

Ida

18.00

18.18

X festivo

XG64203301068

Caranza-Praza Vella

Ida

19.20

19.38

X festivo

XG64203301072

Caranza-Praza Vella

Ida

20.40

20.58

X festivo

XG64203401002

Porto-Hospital Naval

Ida

7.45

8.15

X festivo

XG64203401024

Porto-Hospital Naval

Ida

18.45

19.15

X festivo

XG64203401028

Porto-Hospital Naval

Ida

20.45

21.15

X festivo

XG64203501002

Hospital Naval-porto

Ida

8.15

8.45

X festivo

XG64203501022

Hospital Naval-porto

Ida

18.15

18.45

X festivo

XG64203501026

Hospital Naval-porto

Ida

20.15

20.45

Calendario*

L: luns

M: martes

Mc: mércores

X: xoves

V: venres

S: sábado

D: domingo