DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42106

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 4 de xullo de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e nos artigos 25 e 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (DOG núm. 173, do 12 de setembro), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo

Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro

As solicitudes dirixiranse á entidade pública empresarial Augas de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar as ditas solicitudes, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De acordo co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto

As persoas aspirantes deberán xuntar coa súa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto

No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e demais disposicións concordantes.

Sexto

A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión e Execución de Infraestruturas Hidráulicas.

Código do posto: IV.E10.00.006.15770.001.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: ESE1 especial (Escala enxeñeiros-Especialidade enxeñeiros de camiños, canais e portos).

Complemento específico: 24.666,32.

Adscr. adm. públ.: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Planificación da Xestión dos Recursos Hídricos.

Código do posto: IV.E10.00.005.15770.001.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: ESE1 especial (Escala enxeñeiros-Especialidade enxeñeiros de camiños, canais e portos).

Complemento específico: 24.666,32.

Adscr. adm. públ.: A11 (Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

missing image file