DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42111

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, pola que se publica a cualificación provisional da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 28 de xuño de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG núm. 76, do 17 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar a listaxe, por orde alfabética, coas cualificacións provisionais da fase de oposición, dos dous exercicios previstos nas bases da convocatoria:

Cualificacións provisionais das personas aspirantes na fase de oposición.

DNI

Oposición

primeiro exercicio

Oposición

segundo exercicio

Belmonte Otero, Isabel

***9595**

55,05

Exenta

Castro Pais, María Dolores

***2196**

65,80

Exenta

López Lorenzo, Ana Isabel

***9151**

54,06

Exenta

Mallo Rey, Marta María

***2187**

64,40

Exenta

Martínez Lafuente, Aitor

***2227**

65,55

Exenta

Rico Rey, Francisco

***9898**

63,45

Exenta

Velón Sixto, Luis Carlos

***8210**

64,30

Exenta

Segundo. Tal e como recolle a base II.1.2.8 da convocatoria, contra esta resolución as persoas aspirantes poderán presentar alegacións, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG desta cualificación.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

José Eduardo López Pereira
Presidente do tribunal