DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ILL-PO-0020/2024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede destedepartamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de xullo de 2024

O director territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 137/2024, do 20 de maio; DOG do 27.5.2024)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ILL-PO-0020/2024

36110295L

Incoación

O director territorial

ILL-PO-0020/2024

35305244Z

Incoación

O director territorial