Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CT Cachafeiro, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.
Vigo, 1 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/100-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS CT Cachafeiro.
Concello: Forcarei.
|
Predio |
Refª catastral |
Titular |
|
1 |
36018A043005670000XY |
María Carmen Bugallo Mariño |
