DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que xulgue que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 1 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/207-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros.

Concello: Gondomar.

Finca

Refª catastral

Titular

1

5798602NG1559N0000GW

Descoñecido