Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMT, CT O Calvar.
Situación: Moaña.
Características técnicas:
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110 de 200 metros de lonxitude (33 para substituír e 177 para retensar), con orixe no apoio existente CH-400-13 con matrícula A0I6XNWV//86 da LMTA CII808 e final no apoio existente HV-1600-13 con matrícula A0LROAJM//88 da LMTA CII808.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor tipo RHZ1, de 248 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-2000-14 na LMTA CII808, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación compacto a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado no Calvar.
A instalación está situada no Calvar, na parroquia de Domaio, no municipio de Moaña (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 19 de xuño de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: IN407A 2023/397-4.
Denominación: LMT, CT O Calvar.
Concello: Moaña.
|
Núm. |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio/CT |
Afeccións |
||
|
Nº |
m2 |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Calvar |
Rústico, agrario |
36029A037005730000IA |
Digna González Veiga |
1 |
2,00 |
||
|
2 |
Calvar |
Rústico, agrario |
36029A037001660000IT |
María Filgueira Palmas |
2 |
2,00 |
4,00 |
11,00 |
|
3 |
Calvar |
Urbano |
36029A036006160000IJ |
Manuel Riobo Pastoriza |
CT |
2,00 |
||
