DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2023/408-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT Pleitos.

Situación: Meaño.

Características técnicas:

– Substitución do apoio 9SMTHM8J//9SMSQ76R da LMTA VLG803 por un apoio C-4500/20, no cal se instala un interruptor telecontrolado e un paso aero-subterráneo.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 429 metros de lonxitude, con orixe no paso aero-subterráneo no apoio proxectado C-4500/20 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 160 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36027A005006930000ME, no lugar de Pleitos.

– Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado (197 metros de condutor LA-110 mm2 Al existente).

A instalación está situada no lugar de Pleitos, na parroquia de Castrelo, no municipio de Meaño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 19 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/408-4.

Denominación: LMT, CT Pleitos.

Concello: Meaño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Pleitos

Rústico

36027A005006930000ME

Descoñecido/a

CT

20,27

2

Regueira de Vilamari

Rústico

36027A005006930000ME

María Eugenia García Castro

1

2,00

2,79

8,18