Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Xestosa e Pena de Cabras, A Costa, Xenestévez, O Igrexario, Costa do Riveiro, A Costa do Porto da Vila 1 e A Costa do Porto da Vila 2, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Xestosa, e o da Fenteira, pertencente á CMVMC de Puga, no concello de Toén, resultan os seguintes:
Feitos:
Primeiro. O 13.6.2023, a CMVMC da parroquia de Xestosa presentou un escrito (Rexel 2023/1749402), en que solicitan a aprobación dun deslindamento coa CMVMC da parroquia de Puga.
Coa solicitude achegou a seguinte documentación:
– Acta de deslindamento.
– Certificacións de aprobación das respectivas asembleas xerais.
– Planos do deslindamento.
– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Toén.
Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 17 de xullo de 2023 fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento parcial do perímetro estremeiro entre o MVMC A Fenteira, pertencente á CMVMC da parroquia de Puga, e os montes Xestosa e Pena de Cabras, A Costa, Xenestévez, O Igrexario, Costa do Riveiro, A Costa do Porto da Vila 1 e A Costa do Porto da Vila 2, pertencentes á CMVMC da parroquia de Xestosa, desde o vértice 1 (o situado máis ao L) ata o vértice 13 (o situado máis ao O).
Logo de analizar os vértices e a súa localización obsérvase que:
• O punto inicial da liña (vértice 1) coincide co punto final da liña de deslindamento parroquia de Toén-parroquia de Xestosa (vértice 3) e máis co punto final da liña parroquia de Toén-parroquia de Puga (vértice 10).
• Non existe veciñanza formal entre a parroquia de Xestosa e a de Puga nos seguintes tramos:
1. Entre os puntos con pares de coordenadas X: 583.449 - Y: 4.684.214 e X: 583.291 - Y: 4.684.240, situados entre os vértices 2 e 4 (Alto Ventosa) da conciliación.
2. Entre os puntos con pares de coordenadas X: 583.039 - Y: 4.684.130 e X: 582.991 - Y: 4.684.045, situados entre os vértices 4 (Alto Ventosa) e 5.
3. Entre os puntos con pares de coordenadas X: 582.929 - Y: 4.683.872 e X: 582.824 - Y: 4.683.809, situados entre os vértices 4 (Alto Ventosa) e 5.
• Entre os vértices 4 e 9 e entre o 10 e o 12, o deslindamento non vén definido pola liña recta que une os vértices, senón que se axusta a diversas referencias ou elementos de carácter lineal citados na propia acta do deslindamento, en concreto:
1. Á marxe L do camiño correspondente coa R.C. 32082A06309005 e á marxe S do camiño con R.C. 32082A03909014, entre as coordenadas X: 583.042 - Y: 4.684.137 e X: 582.839 - Y: 4.683.816 (tramo situado entre os vértices 4 e 5).
2. Á traza dun muro baixo de pedra entre as coordenadas X: 582.839 - Y: 4.683.816 e X: 582.550 - Y: 4.683.550 (tramo 4-5), incluída unha pequena descontinuidade no muro, duns 25 m de lonxitude, definida polos puntos X: 582.772 - Y: 4.683.767, X: 582.764 - Y: 4.683.760 e X: 582.749 - Y: 4.683.756.
3. Á traza dun muro baixo de pedra (continuación do anterior) entre os vértices 5 e 6.
4. Á marxe N do camiño correspondente coa R.C. 32082A03409006, entre os vértices 6 e 7.
5. Á marxe S do camiño correspondente coa R.C. 32082A03409006, entre os vértices 7 e 8.
6. Á marxe O do camiño asfaltado coa R.C. 3208203209001 (estrada OUR-CV-87 Xestosa), entre os vértices 8 e 9.
7. A un valado de postes entre os vértices 10 e 12.
O servizo de montes propón a aprobación do deslindamento nos tramos comprendidos entre os puntos con pares de coordenadas X: 583.786 - Y: 4.684.191 (vértice 1) e X: 583.449 - Y: 4.684.214; entre os puntos X: 583.291 - Y: 4.684.240 e X: 583.039 - Y: 4.684.130; entre os puntos X: 582.991 – Y: 4.684.045 e X: 582.929 - Y: 4.683.872; e entre os puntos X: 582.824 - Y: 4.683.809 e X: 581.260 - Y: 4.683.326 (vértice 13 e último, Penedo do Monte Roda).
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 17 de xullo de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 24 de xuño de 2024:
Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Xestosa e Pena de Cabras, A Costa, Xenestévez, O Igrexario, Costa do Riveiro, A Costa do Porto da Vila 1 e A Costa do Porto da Vila 2, pertencentes á CMVMC da parroquia de Xestosa, e o MVMC A Fenteira, pertencente á CMVMC da parroquia de Puga, no concello de Toén.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 2 de xullo de 2024
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
