DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42256

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR616B).

O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.

O Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, establece normas relacionadas coa política agrícola común.

Conforme o citado Regulamento (UE) nº 2021/2115, o Plan estratéxico da PAC do Reino de España 2023-2027 (PEPAC), para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, é aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión C(2022) 6017 final do 31 de agosto de 2022, modificado pola Decisión de execución da Comisión C(2023) 5746 final do 30 de agosto de 2023.

No devandito plan establécense normas en materia de financiamento dos gastos da PAC e sobre os sistemas de xestión e control que deben establecer os Estados membros e inclúe as intervencións que se aplicarán no 2023-2027 para dar resposta ás necesidades do campo español e así alcanzar os obxectivos da PAC e a ambición do Pacto Verde Europeo.

Entre estas intervencións atópase a Intervención 7202 Asesoramento.

A nivel estatal, coa finalidade de realizar unha correcta implantación e xestión das intervencións incluídas no PEPAC de España para o período 2023-2027, publicáronse unha serie de normas que teñen o seu vértice na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, que inclúen as penalizacións e sancións ás persoas beneficiarias.

Tamén cabe citar o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, no cal se establecen disposicións sobre os controis que se deben de levar a cabo para o conxunto de intervencións respecto das solicitudes de axuda e das solicitudes de pagamento.

Así como o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións previstas no Plan estratéxico da política agrícola común, e polo que se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027, no cal se establecen os supostos de aplicación de penalizacións.

Conforme o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a tramitación electrónica será obrigatoria en todas as fases do procedemento, tendo en conta a cualificación técnica das posibles persoas beneficiarias destas liñas de axudas para o uso dos medios electrónicos e dada a natureza das axudas expostas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación de servizos de asesoramento no ámbito de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2024 no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) dentro da Intervención 7202 Asesoramento (código de procedemento MR616B).

Esta axuda ten como finalidade:

a) Mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e a longo prazo, en particular, facendo maior fincapé na investigación, a tecnoloxía e a dixitalización.

b) Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, entre outras cousas, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sostible.

c) Contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats e as paisaxes.

d) Promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, incluída a participación das mulleres na agricultura, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, entre elas a bioeconomía circular e a silvicultura sostible.

e) Modernizar as zonas agrícolas e rurais fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas e rurais e promovendo a súa adopción polos agricultores, mediante a mellora do acceso á investigación, a innovación, o intercambio de coñecementos e a formación.

Artigo 2. Servizo de asesoramento

1. Os servizos de asesoramento ás explotacións estarán adaptados aos diversos tipos de produción e explotacións agrícolas, e cubrirán polo menos un dos seguintes aspectos:

a) Todos os requisitos, condicións e compromisos de xestión que se apliquen aos agricultores e a outras persoas beneficiarias establecidos no Plan estratéxico da PAC, incluídos os requisitos e as normas en materia de condicionalidade e as condicións para as intervencións, así como a información sobre instrumentos financeiros e plans empresariais establecidos no marco do Plan estratéxico da PAC;

b) Os requisitos establecidos polos Estados membros para efectos da aplicación da Directiva 92/43/CEE, a Directiva 2000/60/CE, o artigo 55 do Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello; a Directiva 2008/50/CE do Parlamento Europeo e do Consello; a Directiva 2009/128/CE, a Directiva 2009/147/CE, o Regulamento (UE) nº 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello; o Regulamento (UE) nº 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello, e a Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo e do Consello;

c) As prácticas agrícolas que impidan o desenvolvemento de resistencia aos antimicrobianos, como se establece na Comunicación da Comisión do 29 de xuño de 2017 titulada Plan de Acción europeo «Unha soa saúde» para loitar contra a resistencia aos antimicrobianos;

d) A xestión e prevención de riscos;

e) Apoio á innovación;

f) As tecnoloxías dixitais do sector da agricultura e das zonas rurais;

g) A xestión sustentable dos nutrientes;

h) As condicións de traballo, as obrigas dos empregadores, a saúde e a seguridade no traballo e o apoio social nas comunidades agrícolas.

2. Todas as explotacións as cales se lles preste o servizo de asesoramento deberán actualizar a información da súa explotación mediante a plataforma Xeaga https://xeaga.xunta.gal/xeaga/

Artigo 3. Entidades beneficiarias

Unicamente poderán ser beneficiarias da axuda regulada nesta orde as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias ou gandeiras que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Artigo 4. Condicións de admisibilidade

Poderán acollerse ás axudas obxecto desta orde as entidades privadas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar recoñecidas, pola autoridade competente e segundo o procedemento legalmente establecido, como prestadoras de servizos de asesoramento ás explotacións agrarias situadas na Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades deberán estar inscritas no rexistro correspondente, con carácter previo á data de solicitude da axuda, e cumprir coas obrigas e cos requisitos necesarios para garantir a súa permanencia.

b) O asesoramento debe ser imparcial e os asesores e asesoras que presten estes servizos non deben ter conflito de intereses.

c) Dispoñer do seguinte equipo técnico mínimo:

Tipoloxía da explotación

Equipo técnico mínimo

Nº máximo de explotacións

Agrícola

1 titulado universitario na área de agronomía

55

Gandeira

1 titulado universitario na área de agronomía e/ou un titulado universitario na área de veterinaria

45

Computaranse para estes efectos as persoas traballadoras que formen parte do cadro de persoal da entidade, así como aquelas que teñan asinado un contrato de prestación de servizos con anterioridade á data de presentación da solicitude.

O equipo técnico mínimo establecido está calculado tendo en conta a xornada laboral a tempo completo.

d) Presentar un programa de actuacións de asesoramento onde se describa a metodoloxía que se vai empregar para:

i. Avaliar a situación inicial da explotación.

ii. Seleccionar e implementar accións encamiñadas á mellora da súa competitividade técnica, económica e/ou ambiental.

iii. Poñer en marcha o sistema de seguimento e verificación que permita determinar a eficacia das medidas adoptadas.

e) A entidade deberá contar con ferramentas de traballo que permitan verificar a calidade do servizo prestado e deixar constancia da realización das accións adoptadas e da evolución da súa eficacia (informes, actas de visita ás explotacións, etc.).

f) Só serán elixibles os servizos prestados a titulares de explotacións agrarias rexistrados no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia realizados con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda.

g) Dispoñer dunha contabilidade específica Feader.

h) Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Porcentaxe e contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será do 100 % do custo do servizo de asesoramento cun límite máximo de 800 euros por explotación. Este límite máximo poderase incrementar ata os 1.000 euros no caso de cumprir algún dos seguintes criterios:

a) Explotación incluída na plataforma Contaláctea coa información debidamente cuberta.

b) Explotación incluída na plataforma Contacarne coa información debidamente cuberta.

c) Explotación que emprega un caderno dixital de explotación agrícola.

2. Considéranse custos do servizo:

a) Custos de persoal.

b) Gastos de funcionamento.

c) Material didáctico, incluídos os custos ligados ao deseño e desenvolvemento do material de información e formación, tanto en soporte físico como dixital.

d) Gastos de desprazamento e manutención.

Artigo 6. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará ao órgano colexiado da súa admisibilidade.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, considerarase que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe/a de negociado, un dos cales actuará como secretario/a.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural en virtude da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de catro meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas, deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos .

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión e de denegación da axuda, o que producirá os efectos da notificación.

Artigo 11. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. A Consellería do Medio Rural poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

3. Os cambios que se produzan na titularidade das explotacións no transcurso do ano desde o inicio do servizo de asesoramento non serán considerados como unha modificación da resolución. A modificación do titular dunha explotación pode supoñer un cambio na puntuación derivada da aplicación dos criterios de prioridade, tidos en conta na concesión das axudas obxecto da presente orde. A nova prelación de explotacións, realizada unha vez se reciban as solicitudes de pagamento, podería implicar a non subvencionalidade do servizo de asesoramento por non alcanzar a puntuación necesaria establecida para a súa concesión.

4. Non serán admisibles as modificacións relacionadas coa prestación do servizo de asesoramento.

Artigo 12. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade.

2. Quedan excluídos en termos de elixibilidade aqueles gastos realizados en actividades de asesoramento ou accións formativas financiados con outros fondos.

Artigo 14. Incumprimentos, penalizacións e reintegros

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, ou a parte proporcional que corresponda de acordo co plan de controis, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Non se aplicará ningunha penalización, nin exclusión, nin se esixirá o reintegro da axuda nos seguintes casos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais previstas no artigo 59 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013; no artigo 3 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, e no artigo 9 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

b) Cando o incumprimento se deba a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade e este erro non puidese ser razoablemente detectado pola persoa afectada.

c) Cando a persoa interesada poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente conforme os datos ou documentos achegados que non é responsable do incumprimento.

d) Cando o incumprimento se deba a erros manifestos recoñecidos pola autoridade competente, segundo o disposto no artigo 115.2 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro.

e) Outros casos en que a imposición dunha penalización non sexa adecuada, segundo o disposto no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

3. Sen prexuízo do establecido nos apartados anteriores serán de aplicación as penalizacións previstas no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro. Os incumprimentos dos criterios/requisitos de admisibilidade e compromisos ou outras obrigas que se produzan con relación ás axudas reguladas na presente orde darán lugar á aplicación de distintas penalizacións en función do tipo de incumprimento de que se trate, atendendo á súa gravidade, alcance, persistencia, reiteración e intencionalidade, tal e como establece o artigo 4 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

Artigo 15. Obriga de facilitar información

1. As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lle sexa requirida polo órgano competente da Consellería do Medio Rural, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

2. Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 141 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 17. Publicidade das axudas

As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia, independentemente da súa natureza pública ou privada, deberán dar a coñecer a axuda consonte as regras indicadas no anexo III que establece as obrigas en materia de publicidade Feader.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 18. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), de acordo coas bases reguladoras establecidas no capitulo I desta orde.

Artigo 19. Prazo de solicitude das axudas

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Artigo 20. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación.

a) Programa de actuacións de asesoramento onde se describa a metodoloxía que se vai empregar para:

a. Avaliar a situación inicial da explotación.

b. Seleccionar e implementar accións encamiñadas á mellora da súa competitividade técnica, económica e/o ambiental.

c. Poñer en marcha o sistema de seguimento e verificación que permita determinar a eficacia das medidas adoptadas.

b) Acreditación da persoa representante legal (de ser o caso).

c) Contrato/s de prestación de servizos subcontratados (de ser o caso).

d) Relación nominal das explotacións agrarias ás que se lles vai a prestar o servizo, incluíndo NIF, criterio que cumpre para o incremento da contía máxima, en formato ods, xls ou xlsx, en caso de que non se puideran incluír todas na solicitude.

e) Anexo normalizado de comprobación de datos de terceiras persoas (anexo II).

f) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros:

a. As persoas físicas e xurídicas que, consonte a normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro, de ser o caso. Poderá ser substituída pola documentación prevista na letra seguinte.

b. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste apartado, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, de ser o caso, para persoas xurídicas.

ii. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido, de ser o caso, para persoas xurídicas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar o momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal se poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento nas obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Informe de vida laboral de empresa.

h) Concesión doutras subvencións.

i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) DNI/NIE das persoas do equipo técnico.

k) Títulos oficiais universitarios das persoas do equipo técnico.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 22. Criterios de prioridade

1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de maior a menor puntuación de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo. As axudas estarán supeditadas á existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente partida orzamentaria.

2. Establécense os seguintes criterios de prioridade para efectuar a selección das explotacións que terán acceso ao servizo de asesoramento, consideradas como destinatarias finais das axudas reguladas na presente orde:

Criterio

Parámetros

Documentación

Verificación sectorial

Ponderación

1. Explotación agraria á cal lle presta servizos unha entidade de asesoramento que incrementa o equipo técnico mínimo

1 técnico

Solicitude. Vida laboral da empresa

1 punto

2 técnicos

2 puntos

3 técnicos

3 puntos

4 técnicos

4 puntos

5 técnicos ou máis

5 puntos

2. Persoa titular beneficiaria dunha axuda á incorporación de persoas mozas á actividade agraria nos últimos 5 anos

Consulta doutras axudas

4 puntos

3. Localización da explotación nunha zona de montaña

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

2 puntos

4. Explotación agraria inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

2 puntos

5. Muller titular da explotación ou, no caso de explotacións de titularidade persoa xurídica, polo menos o 50 % das persoas socias que a integran o sexan

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

2 puntos

6. Explotación inscrita no Rexistro de Titularidade Compartida

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

2 puntos

7. Persoa titular beneficiaria dunha axuda á modernización de explotacións agrarias nos últimos 5 anos.

Consulta doutras axudas

2 puntos

3. No caso de empate utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida na orde de prelación que se indica a continuación referida ao número dos criterios indicados no apartado anterior: 2-1-3-4-5-6-7. De persistir o empate, logo de aplicados estes criterios, prevalecerá a explotación cuxa data de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia sexa máis antiga.

4. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 4 puntos e, polo menos, deberán obter puntuación en dous dos criterios anteriormente indicados.

Artigo 23. Prazo de xustificación e ampliación

1. O prazo para prestar o servizo de asesoramento comeza o día seguinte ao da solicitude da axuda e finaliza o 31 de agosto de 2025. Este prazo é improrrogable.

2. O prazo para solicitar o pagamento da axuda comeza o 1 de setembro de 2025 e finaliza o 15 de setembro de 2025. Este prazo é improrrogable.

Artigo 24. Xustificación e pagamento da axuda

1. Serán subvencionables os servizos de asesoramento ás explotacións relacionadas na resolución aprobatoria das axudas.

A prestación do servizo deberá adecuarse ao alcance establecido nesta orde.

2. Á solicitude de pagamento da axuda deberanse xuntar os seguintes documentos:

a) Certificados do servizo recibido. Presentarase un certificado por cada explotación asesorada asinado pola/s persoas asesoras e pola persoa titular da explotación. Neste certificado indicaranse os aspectos incluídos no servizo de asesoramento.

b) Contabilidade dos custes do servizo de asesoramento.

c) No caso de asesoramento con Contaláctea deberá presentarse un arquivo en formato ods, xls ou xlsx no que se indiquen os datos relativos a todas as explotacións.

d) No caso de asesoramento con Contacarne deberá presentarse un arquivo en formato ods, xls ou xlsx no que se indiquen os datos relativos a todas as explotacións.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pago, requirirase á/ás persoa/s beneficiaria/s para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo resultará no inicio dun procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda, e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá á/ás persoa/s beneficiaria/s das sancións que, conforme a lei, correspondan.

4. A presentación da solicitude de pagamento traerá como consecuencia a realización dunha nova prelación, ao obxecto de comprobar que as persoas beneficiarias e a relación de explotacións asesoradas acadan a puntuación mínima establecida e que, polo tanto, seguen reunindo as condicións que se tiveron en conta para a concesión das axudas.

Artigo 25. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas nun 60 % co fondo Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 45.04.712B.772.4 (CP 2023 00153), para as axudas previstas a asesoramento (subintervención 7202_01 Asesoramento) cun importe para o ano 2024 de 300.000 euros e, para o ano 2025, de 2.700.000 euros. Para un total de 3.000.000.

2. A dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na seguinte normativa:

Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475 da Comisión, do 6 de setembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e polo que se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023-2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición transitoria única. Criterios de selección de operacións

Os criterios de selección de operacións que se van aplicar nesta convocatoria están condicionados á súa aprobación por parte do Comité de Seguimento do PEPAC.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposicións derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Publicidade

1. Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia deberán dar a coñecer a axuda consonte as seguintes regras:

a) Con carácter xeral, todas as actividades de información e publicidade que se leven a cabo por parte das persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a. O logo da Xunta de Galicia.

b. O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c. O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d. Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

b) Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar, ademais do disposto no punto anterior, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

c) No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000 €, a persoa beneficiaria deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

d) Cando varias operacións teñan lugar no mesmo emprazamento e estean apoiadas polo mesmo ou por diferentes instrumentos de financiamento, ou cando se proporcione financiamento adicional para a mesma operación nunha data posterior, abondará coa exhibición dunha placa ou cartel.

e) Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no cal, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou a placa poderá ser substituído/a por adhesivos ou impresións.

2. Signos de identidade.

a) Logotipo autonómico.

O conxunto do escudo e a Xunta de Galicia, coa súa tipografía corporativa (Xunta Sans), constitúen a marca gráfica principal.

Posto que na xestión dos fondos Feader participan diferentes consellerías e entidades públicas autonómicas, empregarase o logotipo xenérico da Xunta de Galicia, sen mención da consellería ou entidade.

Para garantir a visibilización e a lexibilidade da marca, esta deberá ter unha altura mínima de 7 mm/20 px e contará cunha área de protección ao redor dela en que non poderá incluírse outro elemento. Esta zona de protección tomará como referencia a altura do escudo:

missing image file
missing image file

A versión da marca principal aplicarase en cor sempre que se poida e só sobre fondos brancos.

A versión en negativo non sofre ningún tipo de variación, só o cambio de cor a branco.

Na versión en cor, o símbolo corporativo é Cian 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos. Na versión en branco e negro, o símbolo corporativo é negro 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos.

b) Unión Europea.

a. O emblema.

O emblema consiste nunha bandeira rectangular, na cal, sobre un fondo de cor azul, doce estrelas douradas de cinco puntas, cuxas puntas non se tocan entre si, forman un círculo, que representa a unión dos pobos de Europa.

A lonxitude da bandeira equivale a unha vez e media a súa altura. As doce estrelas douradas equidistantes forman un círculo imaxinario cuxo centro se sitúa no punto de intersección das diagonais do rectángulo.

missing image file

O raio do círculo equivale a un terzo da altura da bandeira. Cada unha das estrelas de cinco puntas está situada na circunferencia dun círculo imaxinario cuxo raio equivale a 1/18 da altura da bandeira. Todas as estrelas están en posición vertical, isto é, cunha punta dirixida cara arriba e outras dúas sobre unha liña recta imaxinaria, perpendicular á hasta da bandeira. A disposición das estrelas correspóndese coa das horas na esfera dun reloxo e o seu número é invariable.

As cores do emblema son as que figuran á esquerda: Pantone Reflex Blue para a superficie do rectángulo e Pantone Yellow para as estrelas.

Cando se imprime en cuatricromía, empregaranse as catro cores desta para obter as dúas cores normalizadas. A Pantone Yellow obtense utilizando un 100 % de Process Yellow. A mestura dun 100 % de Process Cyan e un 80 % de Process Magenta permite obter unha cor moi próxima á Pantone Reflex Blue.

Na paleta empregada na web, a Pantone Reflex Blue corresponde á cor RGB: 0/51/153 (hexadecimal: 003399) e a Pantone Yellow, á cor RGB: 255/204/0 (hexadecimal: FFCC00).

Se só se puidera reproducir en monocromía:

Se a única cor dispoñible é negro, deberá delimitarse a superficie do rectángulo cun borde negro e estampar as estrelas, tamén en negro, sobre fondo branco.

missing image file

Se o azul (Reflex Blue) é a única cor dispoñible, empregarase este como cor de fondo ao 100 %, e reproduciranse as estrelas en negativo branco.

missing image file
missing image file

Debe garantirse un contraste suficiente entre o emblema europeo e o fondo. Por isto, o emblema debe reproducirse preferentemente sobre fondo branco, evitando cores variados, especialmente os que non combinen ben co azul.

Cando non sexa posible evitar un fondo de cor, rodearase o rectángulo cun bordo branco de grosor equivalente a un 1/25 da altura do rectángulo e as estrelas tamén irán en branco.

b. Combinación do emblema europeo coa declaración de financiamento.

A declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea» figurará sen abreviar e xunto ao emblema. Empregarase o tipo de letra Tahoma. O tamaño deberá ser proporcional ao tamaño do emblema. A cor da letra será azul réflex, negro ou branco, en función do fondo. Non se utilizará a cursiva, o subliñado nin outros efectos.

A posición do texto con respecto ao emblema será tal que non interfira en ningún modo con el.

A. Opción horizontal.

missing image file
missing image file
missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles:

missing image file

Se só hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

B. Opción vertical.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles.

missing image file

Se so hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

C. Opción bilingüe.

missing image file

Non se recomenda o uso dunha versión bilingüe cando o emblema europeo é pequeno. A altura mínima do emblema para esta versión debe ser de 2 cm.

missing image file

c. Área de protección.

A área de protección non debe reproducir outros textos, logotipos, imaxes nin ningún outro elemento visual que poida comprometer a boa lexibilidade do emblema europeo.

missing image file

d. Tamaño mínimo.

A altura mínima do emblema europeo debe ser de 1 cm.

Cando se empregue a declaración de financiamento da UE en tamaño pequeno, recoméndase empregar a versión horizontal.

missing image file

e. O que non se debe facer.

O emblema non se poderá modificar nin combinar con ningún outro logotipo, elemento gráfico ou texto. No caso de exhibir outros logotipos ademais do emblema, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura ou largura, que o maior dos demais logotipos. Á parte do emblema, non se empregará ningunha outra identidade visual ou logotipo para poñer de relevo a axuda da Unión.

Non engada outros elementos gráficos.

Non faga o texto desproporcionadamente máis grande ou máis pequeno.

Non empregue outro tipo de letra que non sexa Arial, Auto, Calibri, Garamond, Tahoma, Trebuchet, Ubuntu ou Verdana.

Non empregue ningún efecto do tipo de letra escollido.

Non empregue cores distintas á Reflex Blue, branco ou negro.

Non modifique a proporción do texto. Non escriba as siglas <UE>. Sempre debe escribirse na súa forma completa: Unión Europea.

Non o escriba todo en maiúsculas.

Non substitúa o emblema europeo polo logotipo da Comisión Europea.

Non substitúa o emblema europeo por ningún outro elemento gráfico.

Non modifique o emblema europeo.

Non engada a denominación do programa á declaración de financiamento.

Non escriba a denominación do programa en conxunción co emblema europeo.

Non engada elementos gráficos coa denominación do programa da UE.

Para a información relacionada co uso do emblema europeo:

https://europa.eu/european-union/abouteuropa/legal_notices_en#emblem

c) Logotipo do ministerio.

A súa utilización vai asociada a aquelas intervencións en que existe financiamento por parte do ministerio.

Empregarase o logotipo composto polo Escudo de España, xunto coa denominación «Gobierno de España» e a do «Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación», usando a tipografía Gill Sans, con forma envolvente en cor de fondo amarelo, para soportes gráficos (cartel, prensa, etc.), tal como figura abaixo:

missing image file

Para soportes dixitais (páxinas web, banner, etc.) empregarase o seguinte logotipo:

missing image file

d) Orde e disposición de lemas e emblemas.

Os emblemas deberán estar aliñados en calquera caso e deberán ter dimensións homoxéneas.

A marca da Xunta de Galicia colorase sempre á esquerda e separarase do resto de elementos por unha distancia mínima igual á lonxitude da marca principal.

A separación entre o resto de marcas será igual ao ancho do escudo.

No caso de convivencia con outras institucións de rango superior, aplicarase o mesmo criterio que no punto anterior, aínda que axustando ao que establezan os manuais de marcas desas institucións.

e) Recomendacións.

Cando se reproduzan os emblemas é importante ter presentes as seguintes recomendacións:

• Non distorcer a imaxe, coidando que as escalas horizontal e vertical sexan as regulamentarias.

• Non xirar as imaxes, prestando especial atención á correcta orientación das estrelas.

• Non modificar as proporcións que os distintos elementos deben respectar entre si.

O aquí recollido sobre o uso de logotipos deberá respectar en todo caso os posibles cambios de denominación das unidades ministeriais ou autonómicas citadas.

Será de aplicación o disposto no manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia e na normativa de aplicación vixente en cada momento.

3. Modelos.

a) Cuestións comúns.

Os modelos de carteis e placas que as persoas beneficiarias de axudas Feader deben utilizar adaptaranse ao disposto nesta epígrafe.

A parte destinada ao emblema da Unión Europea e a declaración, a denominación do fondo, o Plan estratéxico, ademais da descrición do proxecto ou a operación debería ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

O logo da Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

O título do proxecto que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. Os modelos expostos recollen o contido mínimo, porén, o instrumento empregado debería recoller toda a información posible, tendo en conta o seu tamaño.

O resto dos logos deberán situarse na parte inferior do cartel cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra:

Cor fondo 1

RGB:0/123/196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra declaración, Feader e PEPAC

Tahoma

Dimensións:

Placa

Cartel

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Os elementos publicitarios deben manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire a persoa beneficiaria ao recibir a subvención.

b) Placa.

missing image file

c) Cartel.

missing image file

d) Adhesivos ou etiquetas.

missing image file