De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: construción e mantemento naval |
Procedemento: outorgamento da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Navantia, S.A., S.M.E. (Grupo SEPI) |
Número de rexistro: 2021-IPPC-69-379 |
|
Localización: Ferrol (A Coruña) |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
