DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moraña (expediente IN407A 2023/366-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CT San Martiño.

Situación: Moraña.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 546 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 na LMT TIB801, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado, que substitúe o centro de transformación intemperie San Martiño de Gargantáns.

Centro de transformación compacto a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36032A034000630000IZ, no lugar de San Martiño.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14 (79 metros de condutor LA-30) e instalación dun interruptor telecontrolado no citado apoio.

A instalación está situada no lugar de San Martiño, parroquia de Gargantáns, no municipio de Moraña (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/366-4.

Denominación: LMT e CT San Martiño.

Concello: Moraña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml
sub.

m2
sub.

1

Pesa G.

Rústico

36032A034000630000IZ

María Luisa Sueiro Fernández

CT

21,19

2

San Martiño Gargantáns

Urbano

4031803NH3143S0001GH

María del Rosario Castro Fariña

1

2

3,00

9,00