Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA VLG805 entre os apoios 9OFJXM4N//D4-B2 e 9O74LM7M7H//D4-B5.
Situación: O Grove.
Características técnicas:
Substitución dos apoios 9OFJXM4N//D4-B2, 9OBIA6K5//D4-B3, 9O9FWJOC//D4-B4 e 9O74LM7H//D4-B5 da liña de media tensión aérea (LMTA) VLG805 por apoios de celosía e chapa.
LMTA a 20 kV, con condutor LA-110 de 527 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9OG8EVNL/D4-B1 de formigón existente e final no apoio 9P4EK6TF de chapa existente (170 metros proxectados entre os novos apoios 9OFJXM4N//D4-B2 e 9OBIA6K5//D4-B3 e 357 metros de retensado de condutor existente).
A instalación está situada en San Martiño, no concello do Grove (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 24 de xuño de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/435-4.
Denominación: regulamentación LMTA VLG805 entre os apoios 9OFJXM4N//D4-B2 e 9O74LM7M7H//D4-B5.
Concello: O Grove.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Comunal |
Rústico |
36022A020003810000EX |
CMVMC San Martiño (Fonte Soutullo e outros) |
D4-B2; D3-B3; D4-B4; D4-B5 |
8,00 |
