DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/118-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios na LMTA ATI703, reforma do CTI Atios Casilla e instalación SXS e XS.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Substitución dos apoios A4CB0I7K//18-7-1, A4CRG9A5//18-7 e A4FU88HC//18-6, da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI703 por un C-2000/14, un C-3000/14 e un C-3000/14, respectivamente.

LMTA a 15 kV, con condutor LA-56, de 311 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente CH-630/13 (A4FV88EV) e final no apoio proxectado C-2000/14.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 730 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/14 e final no centro de transformación Atios Casilla (36CNJ9).

Reforma do centro de transformación (CT) Atios Casilla (36CNJ9) de 630 kVA, consistente na substitución das celas existentes por celas modulares telecontroladas (4L1P).

Instalación de SXS no apoio proxectado C-3000/14 de inicio da LMTS e XS no apoio proxectado C-2000/14.

A instalación está situada en Vilafría, na parroquia de Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/118-4.

Denominación: substitución dos apoios na LMTA ATI703, reforma do CTI Atios Casilla e instalación SXS e XS.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml
aér.

ml
sub.

m2
aér.

m2 sub.

1

Vilafría-Atios

Rústico

36039A029004640000DH

Canteiros do Porriño Reunidos, S.A.

2-3

2,88

106,43

304,76

479,07

914,41

2

Devesa do Carbón

Rústico

36039A029001910000DT

Cabaleiro
Nogueira, S.L.

15,45

176,03

3

Vilafría-Atios

Rústico

36039A029004260000DS

CMVMC de Atios

1

1,44

13,70

3,24