O Pleno do Concello de Trasmiras, en sesión extraordinaria do día 27 de xuño de 2024, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións e infraestruturas do cemiterio de Vilaseca.
O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
Trasmiras, 8 de xullo de 2024
Emilio José Pazos Ojea
Alcalde
