Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 12 de xuño de 2024, aprobouse a oferta de emprego público, co seguinte detalle:
Persoal laboral
| Denominación do posto | Auxiliar administrativo | 
| Natureza | Laboral | 
| Natureza persoal laboral | Fixo | 
| Xornada | Completa | 
| Titulación exixible | ESO ou equivalente | 
| Sistema selectivo | Concurso-oposición | 
| Núm. de vacantes | 1 | 
| Réxime xurídico | Lexislación laboral, máis concretamente o Estatuto dos Traballadores, contrato de traballo, sen prexuízo das normas administrativas que son de aplicación ao persoal ao servizo das administracións públicas, especialmente a local. | 
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Verea, 24 de xuño de 2024
José Antonio Pérez Valado
Alcalde

