O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no mes decembro de 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.
A Estrada, 5 de xullo de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Convenio subscrito pola Agasp no terceiro cuadrimestre do ano 2023
Convenio |
Data da sinatura |
Achega total da Agasp |
Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Foz. |
21.12.2023 |
Sen achega económica |